Site icon Crónica3.com A Mariña

Importante vitoria do C.B. Centro Óptico de Xove ante o Universidade de Vigo

Foto: Miguel Fraga

XOVE .- (M.F.O) O C. B. Xove saldou con vitoria a visita do Universidade de Vigo por 85 puntos a 78. Rompeu así coa mala racha de tres derrotas consecutivas para manterse na décima posición con doce vitorias. Con este resultado os de Xove poden encarar a recta final da liga con certa solvencia para manterse na zona media da táboa, a pesar dos difíciles enfrontamentos que lle restan.
O partido comezou  ben para os xovenses que se aproveitaron dun inicio moi frío dos vigueses e no primeiro cuarto a diferenza chegou aos dez puntos. Pero os universitarios reaccionaron para chegar ao tempo de descanso co marcador igualado. No terceiro cuarto chegaron as lesións de Pony e Álvaro pero o marcador seguiría igualado ata o tempo final. Nos primeiros minutos deste último cuarto os de Xove colleron unha pequena renda que foron administrando ata o final, para acabar levándose o partido por sete puntos.
As malas noticias para o Xove son as lesións de Pablo Castro e de Álvaro  e o abandono de Dani que deixa o equipo por motivos persoais.
Polo Xove xogaron: Pony(11), Dani(14), Fernando(24), Paco(14), Álvaro(2)- Javi(7), Eloy(6), Angel(4), Miguel(3) e Kuki.

Exit mobile version