Site icon Crónica3.com A Mariña

O Partido Popular gañou as eleccións

A MARIÑA .- O Partido Popular gañou as eleccións galegas por maioría absoluta e Alberto Nuñez Feijoo será o novo presidente da Xunta. En A Mariña tamén gañou o PP que acadou 21.792 votos mentres que o PSOE conseguiu 13.807 sufraxios e o BNG 7.797.  Na comarca participaron nas eleccións 46.081 votantes dos 63.237 electores cos que conta a costa de Lugo.
Nas votacións de onte tamén saíron elixidos para formar parte do Parlamento Galego os mariñáns José Manuel Balseiro, polo PP, e o socialista Ismael Rego.
Os resultados electorais foron dispares e variados nos concellos de A Mariña. Con respecto as eleccións do ano 2005 o PSOE perdeu máis de 1.000 votos en dous concellos nos que goberna, 600 en Viveiro e 500 en Foz.
O PP, aínda que na oposición, tamén perdeu 1.000 votos en dous concellos,  en A Pontenova e Mondoñedo, uns 500 en cada un deles
O BNG cedeulle ao PP uns 200 sufraxios en Barreiros e subiu, o BNG, 150 votos en Ribadeo e 150 en Mondoñedo, tamén con respecto as autonómicas de 2005.

Exit mobile version