CERVO .- O rexedor local cervense, Afonso Villares, ten a intención de repetir como candidato á alcaldía polo Partido Popular nas eleccións municipais de 2011. Díxoo durante unha entrevista... Ler máis
NOTA DE PRENSA: O PP INCUMPRIU UNHA RESOLUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL DE ZONA QUE LLE IMPIDE A COLOCACIÓN DE PANCARTAS, BANDEIROLAS E CARTEIS NA MARIÑA A carteleira colocada polo BNG non incumpr... Ler máis
A MARIÑA .- O Partido Popular gañou as eleccións galegas por maioría absoluta e Alberto Nuñez Feijoo será o novo presidente da Xunta. En A Mariña tamén gañou o PP que acadou 21.792 votos men... Ler máis
Por Emilio González Legaspi Hoxe temos que reflexionar. Mañá poderemos exercer o noso dereito de votar e cumprir cunha obriga cidadá. No noso país non é obrigatorio votar, pero facelo signif... Ler máis
NOTA DE PRENSA O BNG FAI UNHA CHAMADA Á PARTICIPACIÓN MASIVA NAS ELECCIÓNS DO DOMINGO PARA CONTINUAR COAS POLÍTICAS XERADORAS DE BENESTAR SOCIAL E DE EMPREGO POSTAS EN MARCHA NESTES CATRO AN... Ler máis
SANTIAGO .-A Asociación ecoloxista ADEGA considera que os ecoloxistas no poden quedar á marxe dos procesos sociais, conscientes de que as eleccións van condicionar o panorama ambiental de Ga... Ler máis
NOTA DE PRENSA O BNG DE FOZ ACUSA AO ALCALDE DE ELECTORALISMO NO ASFALTADO DA PISTA DO PAVILLÓN MUNICIPAL CON MOTIVO DA VISITA DE RUBALCABA O alcalde escenifica “Benvido Mister Marshall” en... Ler máis
NOTA DE PRENSA: O futuro Goberno de Feijóo adoptará medidas encamiñadas a facilitar a compra e arrendamento de vivendas a prezos accesibles despois de que, o departamento que dirixe a nacion... Ler máis
NOTA DE PRENSA: VARELA: “O BIPARTITO NON SOUBO DARLLE A GALICIA O PROTAGONISMO QUE MERECE NA UNIÓN EUROPEA” * O eurodiputado e candidato ás autonómicas por Lugo considera que a Xunta non def... Ler máis
NOTA DE PRENSA (FNC) O BNG DA MARIÑA AFRONTA AS ELECCIÓNS DO 1 DE MARZO CON MOITA ILUSIÓN POLAS ESPECTATIVAS EN CANTO A RESULTADOS. A Mariña, 12 de febreiro de 2009. Tras asistir á pegada de... Ler máis
NOTA DE PRENSA OS POPULARES DISTRIBUIRÁN UN BOLETÍN QUE BAIXO O TÍTULO “CATRO ANOS PERDIDOS PARA A MARIÑA LUCENSE” ANALIZA A XESTIÓN DO GOBERNO BIPARTITO NA XUNTA * Centra a súa análise en c... Ler máis
NOTA DE PRENSA Os integrantes do equipo de Goberno local afirmaron que a estadía de Jacinto Parga é a mostra de que o PsdeG xa deu por iniciada a campaña do 1 de Marzo A VISITA DO PRESIDENTE... Ler máis
NOTA DE PRENSA (FNC) O BNG PROPÓN UN DEBATE ENTRE OS CANDIDATOS DA MARIÑA ÁS VINDEIRAS ELECCIÓNS AUTONÓMICAS. A Mariña, 14 de xaneiro de 2008. O BNG da Mariña propón a realización dun debate... Ler máis
A información sobre as eleccións galegas do un de marzo pódese consultar na paxina www.eleccions09.xunta.es. A web recolle todo tipo de información e a la posibilidade de recibir avances de... Ler máis






















A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



