Site icon Crónica3.com A Mariña

ADEGA fai un referendum simbólico sobre o urbanismo en Ribadeo

A MARIÑA .- Referendum simbólico sobre o litoral: no urbanismo, ti decides! Este domingo 16 de abril, ADEGA-Lugo e ADEGA-A Mariña celebrarán o Día da Terra reivindicando a defensa do litoral galego, en xeral, e do lugués en particular, fronte a proxectos urbanísticos, infraestruturais ou enerxéticos que prexudiquen os valores ambientais, produtivos e económicos destas zonas. Será en Ribadeo, de 12 a 14h. Con este acto, ADEGA pretende chamar a atención sobre as ameazas ás que segue sometida a costa lucense, como as macropiscifactorías, as megaurbanizacións, as construcións ilegais,…e tamén ás que xorden agora como os parques eólicos mariños, tras coñecer recentemente as intencións do ministerio de pertimir a colocación deste tipo de instalacións na franxa litoral entre Burela e Foz.

Exit mobile version