Site icon Crónica3.com A Mariña

Arderon coletores do lixo e do vidro no calexón Obispo Cebeira en Ribadeo

RIBADEO (FNC) .- O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, confirmou que “esta madrugada ás cinco e vinte produciuse un incendio nos coletores situados no Calexón Obispo Cebeira, nas inmediacións da rúa Rodríguez Murias. Foi un veciño que durmía coa ventá aberta o que se percatou dunhas explosións e avisou á Garda Civil e entre el e a Garda Civil colleron os extintores que había no edificio e máis os que traían as forzas da orde e tentaron reducilo, aínda que non puideron apágalo porque era de considerables dimensións. Despois apareceu protección civil e sofocaron o lume”.

O edil nacionalista di que “é un acto presuntamente intencionado, porque nos últimos dous meses xa queimaron coletores en Rinlo, e outro nas inmediacións do Voar. As forzas da orde tentan esclarecer o caso porque hai bens privados afectados ademais dos públicos porque se xogou coa vida das persoas. A min e ao equipo de goberno nos ten preocupados, porque todos os coletores da zona vella están preto de edificios e entón imonos ver obrigados a retiralos e poñelos en lugares separados dos inmobles por culpa dos actos vandálicos destas xentes”.

Exit mobile version