RIBADEO (FNC) .- O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, confirmou que “esta madrugada ás cinco e vinte produciuse un incendio nos coletores situados no Calexón Obispo Cebeira, nas... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, confirmou que “esta madrugada ás cinco e vinte produciuse un incendio nos coletores situados no Calexón Obispo Cebeira, nas... Ler máis
Durante todo o ano organiza paseos por diferentes vilas mariñás e abertas a todo o mundo, ainda que tamén traballa con grupos pechados. "Agora comezan a chegar as excursións e grupos organizados e xa teño varios tours programados para os vindeiros meses antes do comezo da tempada estival", comenta. Esta focega agradece a boa acollida das visitas "estou ilusionada, encántame a miña profesión e quero continuar con este proxecto. Agora estou diseñando novas propostas de cara a maio e xuño que pronto anunciarei".
Ata o próximo venres 19 de abril, quedará cortada a estrada provincial LU-P-2007, que vai de Nois-praia, por Cordido, ao Eixo a Moas, no punto quilométrico 3,700, debido ás obras que a institución provincial acometerá para substituír a drenaxe transversal. Os traballos, cun orzamento de 6.000€, serán realizados pola empresa adxudicataria da conservación desta zona da rede viaria provincial. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Esta actividade encádrase dentro da programación do club de lectura 'A carón dos libros' que promove a libraría, unha proposta aberta para todo o público. Berta Dávila é unha das voces máis orixinais dentro da nova narrativa galega tanto nos temas que aborda como nas técnicas de escrita que escolle. Foi merecente do premio nacional da crítica en 2019 pola novela Carrusel e do premio Xerais de narrativa 2021 por Os seres queridos. Ademáis de narrativa tamén é autora do poemario a Raíz da fenda polo que acadou o premio nacional da Crítica en 2013. A ferida imaxinaria é a súa última novela que ven de ser publicada por Edicións Xerais.
As crianzas desfrutaron dun novo xoves de Brincos de Lecer, na Casa da Cultura.
Foi pronunciada por Manuel Rivero, autor do libro “Universo Aurora Sampedro Piñeiro”, sobre a figura desta científica e investigadora barreirense. A actividade foi organizada pola Comisión de Igualdade do CIFP Porta da Auga. Xunto a Manuel Rivero estivo o alcalde de Ribadeo, Dani Vega.
Durante o mes de abril teremos a oportunidade de desfrutar dunha impresionante mostra fotógrafica de Sindo Novoa baixo o título "Un día na Rapa das Bestas (Do monte ó curro)" que permitirá coñecer de preto como se vive esta Festa en Sabucedo, a través da óptica deste fotógrafo. Poderase visitar ata o 3 de maio
A gañadora foi Maite Vázquez García, veciña de Viveiro que desfrutará do premio co seu marido e os seus catro fillos, toda unha experiencia en familia. Poderá escoller as datas da viaxe e o destino, o obxectivo é pasalo en grande!. O premio foi entregado esta mañá nas oficinas do CCHV pola Presidenta do colectivo Andrea Porbén, acompañada de Gracia Gonçalves e Belkis Valera membros da Directiva.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital