A seguinte parada do circuíto, impulsado pola Xunta e a Federación de Librarías de Galicia, será Foz, entre o 20 e o 23 de agosto
Viveiro, 13 de agosto de 2026. A Feira do Libro de Viveiro arrinca hoxe con preto de medio cento de actividades nos xardíns de Noriega Varela deste municipio da mariña lucense. Trátase da undécima das citas do circuíto que a Xunta de Galicia impulsa en colaboración coa Federación de Librarías de Galicia, e que está a percorrer 13 municipios galegos este verán dando lugar a máis de 80 días de actividade cultural.
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, participou na inauguración e destacou “a eficacia deste formato para a consecución de dous obxectivos primordiais: fomentar a lectura entre a cidadanía e impulsar o sector do libro galego”.
Tamén indicou que dinamizan as vilas e cidades ao longo do estío, ampliando a súa programación cultural, e subliñou “o papel principal dos libreiros, que desenvolven unha variada programación, fomentan a interacción directa entre creadores e público, e buscan a implicación dos lectores en distintas actividades”.
Baixo o lema de A porta a universos infinitos, esta cita de dinamización lectora acollerán presentacións de obras, sinaturas, humor, maxia, teatro, espectáculos infantís e conversas, entre moitas outras propostas.
Cómpre salientar que as librarías tradicionais seguen a manterse como o espazo principal onde os galegos e galegas mercan os seus libros, como o demostra o informe de hábitos lectores e compra de libros en Galicia en 2025 que constata que un 69,1 % da poboación galega mercan os seus libros nestes espazos.
A Feira do Libro de Viveiro, que forma parte da campaña de verán Para gustos, cultura, coa que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude impulsa máis de 3.600 actividades en 200 municipios de toda Galicia, estará aberta ata o domingo 16 de agosto en horario de 12,00 a 14,00 e de 18,00 a 22,00 horas. A programación iniciouse hoxe coa lectura do pregón a cargo do catedrático de Lingua e Literatura Emilio Xosé Ínsua e da pregoeira infantil Carla Casabella Ínsua.
13 vilas e cidades de abril ata 29 agosto
Viveiro é a undécima das 13 citas co libro e a lectura que teñen os galegos e galegas en diferentes vilas e cidades das catro provincias, tras a celebración das feiras en Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, O Porriño, Redondela, Ourense, Vigo, Ponteareas, Rianxo e A Coruña.
Recollerá o relevo Foz, do 20 ao 23 de agosto, e rematarán en Monforte de Lemos, onde se celebrará do día 26 ao 29.






















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



