Foz, 13 de agosto, 2026. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, participou esta tarde na presentación da XIV Festa Normanda de Foz, que terá lugar entre o 27 e o 30 de agosto, organizada pola Asociación Desembarco Normando co apoio da Administración autonómica e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que achega 6.000 euros para a súa organización.
Villares destacou a relevancia turística e cultural desta celebración, que definiu como “unha forma lúdica de poñer en valor a historia, o patrimonio e a identidade que herdamos, así como unha experiencia participativa que xera dinamismo económico para o comercio e a hostalería local”. A festa rememora as incursións viquingas na costa e a resistencia do pobo mariñán, cunha recreación central na mañá do sábado, acompañada dun amplo programa con mercado medieval, espectáculos, xogos e música polas rúas. Este ano, a gastronomía cobra especial protagonismo coa incorporación da primeira Festa da Bígara.
Na presentación participou tamén a deputada de Cultura, Iria Castro, que deu a coñecer o cartel desta edición, obra do deseñador focense Diego Núñez. A imaxe, inspirada nas formas do báculo do bispo Gonzalo e na proa dun drakkar normando, servirá para promocionar esta festa de recreación histórica na que se escenifica a defensa da poboación local, encabezada polo bispo Gonzalo, fronte ás invasións normandas.
Castro puxo en valor “a Festa Normanda como unha celebración do patrimonio inmaterial, un legado que temos que seguir conservando para as seguintes xeracións, porque construíron a nosa identidade”. Destacou tamén a importancia de transmitir este patrimonio a través de novos códigos e a iniciativa de contar cun creador local para o deseño do cartel. Ademais, salientou “o traballo da Asociación Desembarco Normando e das persoas que fan posible que a finais de agosto toda a veciñanza e visitantes poidan gozar desta celebración”.




















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



