Site icon Crónica3.com A Mariña

O Valedor do Pobo admite a petición do PSOE para repoñer a placa institucional da piscina de Cervo

CERVO .- O Valedor do Pobo aceptou estudiar a petición do PSOE solicitando que se repoña a placa institucional da piscina municipal de Lieiro. Según explican os socialistas “A placa foi retirada do seu lugar por mor dunhas reparacións e dende entón non foi reposta a pesar de que xa en Xullo do 2007 solicitamos verbalmente ao Concelleiro de obras, Sr. José Manuel Balseiro Orol que procedese a súa reposición.”

Nota de Prensa

O Valedor do Pobo inicia actuacións para que o Concello de Cervo repoña a placa institucional da Piscina Municipal
A pesar das denuncias dos Socialistas, o PP mantén o “secuestro” da placa inaugural dende fai mais dous anos

O Grupo Municipal Socialista presentou formalmente ante o Valedor do Pobo, denuncia ante a negativa do alcalde de Cervo a repoñer a placa institucional da Piscina Municipal. Dende o mesmo momento da toma de posesión coma concelleiros, solicitamos verbalmente a reposición da placa institucional, xa que moitos veciños e usuarios da piscina nolo demandaron por respecto.
Antecedentes

A placa foi retirada do seu lugar por mor dunhas reparacións e dende entón non foi reposta a pesar de que xa en Xullo do 2007 solicitamos verbalmente ao Concelleiro de obras, Sr. José Manuel Balseiro Orol que procedese a súa reposición.

Case un ano despois, en Xuño do 2008 e á vista de que a placa non estaba aínda colocada, presentamos escrito solicitando a súa reposición, dando o concello a calada por resposta. Volvemos lembrarlle mediante escrito el 24 de Xullo de 2008 e 5 meses despois e, ante a insistencia verbal mostrada polos concelleiros Socialistas, recibimos contestación en Decembro, dicíndonos que xa se había dado aviso ao servizo de obras para a súa colocación.

Pois ben, en Abril de 2009 la placa aínda non foi colocada. Como non se atenderon as nosas peticións sobre a demanda e  esgotadas as vías administrativa e de diálogo, decidimos presentar o pasado día 7 de Abril unha queixa formal ante o Valedor do Pobo, quen decidiu admitir a trámite a queixa presentada ao entender que reúne os requisitos formais recollidos no artigo 18 da Lei do Valedor do Pobo e inicia as actuacións ante o Concello de Cervo.
Declaracións lamentables sobre o estado da piscina
En canto as declaracións da concelleira Yolanda Pedreira e o propio alcalde dicindo que o mantemento da piscina é elevado e votando as culpas do seu estado ao ex-alcalde Socialista e á Xunta bipartita, parécennos de unha demagoxia supina en tanto que o PP goberna dende fai 10 anos no concello, 6 dos cales estivo a Xunta “monopartita” do PP e non fixeron nada pola mellora desta instalación a pesar de que tiveron todo o seu favor.
O comportamento do Concello de Cervo ante este asunto e canto menos indecente e non deixa de ser sorprendente que haxa que recorrer a unha mediación institucional para repoñer a placa dun alcalde elixido de forma democrática polos veciños deste Concello.

Exit mobile version