Nota de Prensa A PISCINA MUNICIPAL INICIA O LUNS CURSOS DE NATACIÓN PARA TÓDALAS IDADES Cervo, 16 outubro de 2010.- Coincidindo co inicio do curso escolar e coa temporada de outono-inverno -... Ler máis
LUGO .-O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou esta mañá as instalacións do Estadio Anxo Carro de Lugo nas que o seu departamento investiu preto de 100.000 euros en... Ler máis
CERVO .- O concelleiro de Deportes, Rubén Fernández, anunciou que o ximnasio da piscina olímpica municipal de Lieiro conta dende a semana pasadacon novos aparatos para todos os seus socios.... Ler máis
CERVO .- Unha avaría sufrida días atrás na piscina olímpica municipal por mor da rotura da tubeira para quentar a auga da piscina quedou definitivamente arranxada. O alcalde explicou que de... Ler máis
NOTA DE PRENSA: A TUBERIA DE CONDENSADO QUE ROMPEU O LUNS NA PISCINA DE CERVO LEVA 13 ANOS SEN CAMBIARSE O ALCALDE DE CERVO AMOSA O SEU DESPREZO ABSOLUTO POLAS INSTALACIÓNS, INCAPAZ DE OFREC... Ler máis
NOTA DE PRENSA A VISITA DO SECRETARIO DE DEPORTES, A CERVO NON SOLUCIONOU OS PROBLEMAS DA PISCINA MUNICIPAL O GMS LAMENTA O CONFORMISMO DO ALCALDE ANTE O “PARCHE” CON QUE O SECRETARIO DE DEP... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- Comenzou a instalación de 100 metros cadrados de paneis solares na piscina municipal de Ribadeo. Un proxecto que suporá un investimento de 104.000 euros financiados pola Con... Ler máis
CERVO .- Concello de Cervo, asinou o pasado 26 de Novembro, coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, un convenio de colaboración por un importe que ascende á cantidade de 57.... Ler máis
NOTA DE PRENSA O GMS DE CERVO DENUNCIA DEFECTOS GRAVES NAS INSTALACIÓNS DA PISCINA MUNICIPAL A AUGA DAS PINGUEIRAS BAIXA POLO CADRO ELÉCTRICO, PRETO DA ZOA DE TRABALLO DO PERSOAL E A SAÍDA D... Ler máis
CERVO .- O concelleiro de Deportes, Rubén Fernández, anunciou hoxe que a piscina olímpica municipal de Lieiro contará con novos horarios a partir do vindeiro luns, 2 de novembro. Esta instal... Ler máis
CERVO .- O concelleiro de Deportes do Concello de Cervo, Rubén Fernández, asegura que a auga do vaso da piscina municipal de Lieiro cumpre todos os requisitos legais sanitarios esixibles e p... Ler máis
Nota de Prensa Alfonso Villares deixa morrer ás instalacións da piscina municipal, e Xove gaña usuarios a costa de Cervo Os Socialistas pedirán un plan de inversión para dotar o Ximnasio e p... Ler máis
O Concello de Cervo informa a todos os veciños e usuarios da piscina municipal de Lieiro, que despois dos traballos de mantemento levados a cabo, procederase a súa reapertura o vindeiro luns... Ler máis
NOTA DE PRENSA O Concello de Cervo mantén “secuestrada” a placa inaugural da Piscina Municipal O alcalde din que “non a atopa”, e o Valedor insta ao concello a abrir unha investigación ou co... Ler máis
CERVO .- O Valedor do Pobo aceptou estudiar a petición do PSOE solicitando que se repoña a placa institucional da piscina municipal de Lieiro. Según explican os socialistas “A placa fo... Ler máis
NOTA DE PRENSA: O PSdeG-PSOE de Cervo alerta sobre o abandono que están a sufrir as instalacións da piscina Municipal Os veciños de Cervo quéixanse do estado “lamentable” do ximnasio, sauna,... Ler máis
Ao lado do parque e a carón do hospital da Costa, en Burela, pode contemplarse desde hai días unha piscina de augas turbias, separada da beirarrúa só por ferralla de encofrado, posiblemente... Ler máis
RIBADEO .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez e o concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro asistiron nas últimas horas ao I Encontro de Núcleos Piloto de Sostibilidade de Galicia qu... Ler máis
XOVE .- O concello de Xove e o Servicio Provincial de Deportes equiparon a piscina e o ximnasio municipal de Xove con aparellos específicos para persoas diminuídas, bicicletas estáticas, cin... Ler máis
CERVO .- A concelleira delegada de Deportes, Yolanda Pedreira, ven de informar da posta en marcha de dúas novas actividades dentro da oferta promovida pola delegación de Deportes de Cervo na... Ler máis



















A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



