Burela, 5 de outubro, 2026. A Casa da Cultura de Burela acollerá o vindeiro 14 de novembro ás 20:00 horas a presentación do documental Prisciliano e a Gallaecia, unha obra que afonda na figura do bispo galaico Prisciliano (340-385), considerado a primeira persoa executada por herexía na historia da Igrexa católica. A súa vida e o impacto do priscilianismo seguen a ser hoxe un campo de intensa investigación histórica, especialmente no contexto da Galicia tardorromana e altomedieval .
O acto, cunha duración aproximada de hora e media, incluirá a intervención das autoridades locais e unha presentación a cargo de Aser Álvarez, director do documental, e Diego Piay Augusto, profesor universitario e experto na figura de Prisciliano. Ambos achegarán unha visión complementaria: Álvarez desde a perspectiva audiovisual e Piay desde o rigor histórico, sendo autor de múltiples estudos e da primeira biografía académica sobre Prisciliano, publicada en 2019 e ampliada en 2024 .
A actividade continuará coa proxección do documental, de 26 minutos de duración e subtitulado en galego, castelán, inglés e francés, seguida dun debate-coloquio aberto ao público, no que se abordarán os principais aspectos históricos, culturais e sociais arredor desta figura clave do cristianismo primitivo.
Sobre o director
Aser Álvarez é fundador de Arraianos Producións e conta cunha ampla traxectoria no ámbito documental, con obras premiadas en festivais nacionais e internacionais, así como recoñecementos no eido do xornalismo e da comunicación audiovisual .
Sobre o asesor histórico
Diego Piay Augusto é doutor en Historia Antiga pola Universidade de Santiago de Compostela e profesor na Universidade de Oviedo. A súa investigación sobre o priscilianismo é referencia internacional, con publicacións en editoriais de prestixio e participación en congresos de ámbito europeo .
Acceso ao evento
A entrada é libre ata completar aforo.






















A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



