Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Cervo pide modificar o emisario para beneficiar a unha piscifactoría

CERVO .- O Alcalde de Cervo, Alfonso Villares, mantivo unha xuntanza con directivos da empresa Alrogal, situada no polígono de Cuíña e dedicada á produción acuícola de rodaballo, aos que lles transmitiu que mediará ante a Xunta, para mudar o punto de vertido do emisario de augas residuais previsto no proxecto de saneamento, co fin de facilitar o futura da empresa.

Nota de Prensa

O proxecto elaborado polo anterior Executivo autonómico contemplaba a construción dun emisario submarino que finalizaba na zona de captación de augas de ALROGAL, o que poñía en perigo a viabilidade futura da empresa acuícola e a continuidade dos postos de traballo que contribuíu a xerar.

O ALCALDE MEDIARÁ ANTE A XUNTA PARA MUDAR O PUNTO DE VERTIDO DO EMISARIO DE AUGAS RESIDUAIS PREVISTO NO PROXECTO DE SANEMANTO INTEGRAL DE SAN CIPRIAN

•    O rexedor municipal quixo transmitir unha mensaxe de tranquilidade aos directivos da granxa de rodaballo e aos seus traballadores, pois a nova Xunta desenvolverá as modificacións oportunas por ser “de sentido común e técnica e economicamente viables”

•    O compromiso do Goberno municipal é que o novo saneamento integral de San Ciprián non se poña en funcionamento ata que se solvente esta problemática xurdida pola “tacañería” do anterior Executivo autonómico.

Cervo, 09 de maio de 2009.- O Alcalde de Cervo, Alfonso Villares Bermúdez, mantivo unha xuntanza con directivos da empresa ALROGAL situada no polígono industrial de Cuíña e dedicada á produción acuícola de rodaballo. O devandito encontro tiña por obxecto transmitir a vontade do rexedor municipal de xestionar ante a Xunta de Galicia a construción dun novo emisario submarino distinto do que hoxe aparece no proxecto de saneamento integral de San Ciprián.

As obras deste novo saneamento, segundo o proxecto elaborado polo anterior Executivo autonómico contemplaban un emisario de augas residuais que finalizaba nunha área sensible, por tratarse do espazo de captación de augas da piscifactoría e, polo tanto, de levarse adiante nestas circunstancias, poría en perigo a viabilidade da empresa e a permanencia dos postos de traballo que ALROGAL contribuíu a xerar.

Xa no seu momento, o Alcalde de Cervo comprometeuse a mediar ante a Xunta para evitar este prexuízo á factoría acuícola sita en Cuíña pero, co cambio producido na Xunta de Galicia, Alfonso Villares quixo transmitir a garantía de que esta petición será tida en conta polos actuais responsables autonómicos. “Temos a seguridade –indicou o Alcalde- de que a nova Xunta atenderá as nosas peticións, porque son de sentido común e técnica e economicamente viables”. O primeiro edil de Cervo quixo facer chegar unha mensaxe de tranquilidade tanto á empresa como aos traballadores da mesma.

Alfonso Villares adiantou que os técnicos da Xunta de Galicia redactarán un novo proxecto, mudando o punto de vertido do emisario de augas residuais, algo que xa se debera ter feito pero foi imposible pola tacañería dos anteriores responsables da Xunta bipartita que só buscaban a forma de aforrarse cartos, e pagar menos por esta obra.

Ata que este problema estea resolto, o Concello de Cervo asume o compromiso de non poñer en funcionamento o novo saneamento de San Ciprián. Precisamente os responsables da empresa acuícola cervense e do Concello de Cervo manterán sucesivas reunións para tratar estes e outros asuntos no futuro.

Exit mobile version