LUGO .- Logo de que o TSXG emitira sentenza o 23 de setembro de 2009 contra a resolución da D. X. de Calidade e Avaliación ambiental do último goberno Fraga, que se aprobaba a DIA da piscifa... Ler máis
Nota de Prensa Marisol Soneira afirma que o proxecto da piscifactoría de Rinlo incluído no Plan de Acuicultura do Goberno socialista está “a case 500 metros do mar e fóra da Rede Natura” A d... Ler máis
NOTA DE PRENSA OS SOCIALISTAS DIN QUE A SENTENCIA DA PISCIFATORIA DE RINLO, EN RIBADEO “É UNHA BOFETADA” Á POLITICA ACUICOLA DO GOBERNO DE FEIJOO -A portavoz de Pesca, Marsiol Soneira reclam... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- A xunta de goberno acata a decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de anular a declaración de impacto ambiental emitida pola Xunta e a licencia de obra concedida... Ler máis
RIBADEO .- O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na sentenza 00775/2009, anula a declaración de impacto ambiental da piscifactoría promovida por ACUINOR S. L en Foxo Longo en Rinlo, Rib... Ler máis
CERVO .- O Alcalde de Cervo, Alfonso Villares, mantivo unha xuntanza con directivos da empresa Alrogal, situada no polígono de Cuíña e dedicada á produción acuícola de rodaballo, aos que lle... Ler máis
Un xulgado de Santiago de Compostela desestimou a demanda civil interposta pola empresa ACUINOR contra ADEGA por ter paralizado as obras da piscifatoría de Rinlo. O xuiz, que tamén impón as... Ler máis



















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



