Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Xove manda de vacacións a Mallorca a cen veciños da terceira idade

XOVE .- Un cento de veciños de Xove partiron de viaxe cara Mallorca, onde van estar de vacacións ata o 20 de maio. Trátase das vacacións que o Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, organiza cada ano para terceira idade. Foron a despedilos o alcalde, Demetrio Salgueiro, e outros membros da corporación. Acompáñaos a Concelleira de Servizos Sociais Ana Abad.

NOTA DE PRENSA

100 XOVENSES VIAXAN A MALLORCA

Hoxe mércores 13 de maio ás 11.30 horas 100 xovense partiron de viaxe cara Mallorca, onde van estar de vacacións ata o 20 de maio, pernoctando no Hotel Peñero de Bahía de Palma, sito na coñecida zona de El Arenal. Trátase das vacacións que o Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, organiza cada ano para terceira idade.

Dos/as 100 xovenses que participan na viaxe, 97 pertencen ao colectivo da 3ª idade e as tres persoas restantes van como acompañantes-colaboradores, entre as cales se inclúe a Concelleira de Servizos Sociais Ana Abad.

A estancia en Mallorca de tódolos/as participantes vai se en réxime de pensión completa, viaxe de ida e volta en avión,  cun custo final de 447 €uros por persoa, dos cal o Concello aporta 227 €uros/persoa, tendo que aportar cada persoa os restantes  220 €uros.

Xa en Mallorca, a organización ten previsto unha serie de actividades entre as cales se inclúen:
-Visita con guía a Palma.
-Visita con guía a Valldemosa, La Granja e La Cartuja.

Por último, decir que na saída de Xove foron despedidos polo Alcalde Demetrio Salgueiro e outros membros da Corporación.

Exit mobile version