NOTA DE PRENSA: Os nacionalistas critican que o centro siga fechado e fose privatizado. O BNG concentrase o Sábado 12 de Xuño ás 12:00 diante da Residencia da Terceira Idade de Viveiro O Blo... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- Mañá xoves terá lugar o baile para a tercera idade que organiza o Concello de Ribadeo. Será ás sete da tarde na discoteca Rosalar. A orquestra Poceiro será a encargada de po... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O Concello organiza un baile para a terceira idade que terá lugar o 25 de marzo ás sete da tarde na discoteca Rosalar de Ribadeo. A iniciativa denominada Unha man na cintura... Ler máis
XOVE .- O Concello de Xove celebra a decimo sétima edición da “Comida da terceira idade” o día 30 de outubro. Será no restaurante Louzao de Area e estará animada por unha orquest... Ler máis
O 14 de Xuño celebrarase o “XVIII Festival da terceira idade” para todas aquelas persoas que teñan máis de 65 anos ou sexan pensionistas, que poderán ir acompañadas dos seus conx... Ler máis
XOVE .- Un cento de veciños de Xove partiron de viaxe cara Mallorca, onde van estar de vacacións ata o 20 de maio. Trátase das vacacións que o Concello de Xove, a través da Concellería de Se... Ler máis
RIBADEO .- (FNC) O Concello de Ribadeo será pioneiro de novo en Galiza, tal e como xa o foi con iniciativas coma a teleasistencia, o programa Xantar sobre rodas e o servizo de podoloxía á xe... Ler máis




















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



