RIBADEO .- (FNC) O Concello de Ribadeo será pioneiro de novo en Galiza, tal e como xa o foi con iniciativas coma a teleasistencia, o programa Xantar sobre rodas e o servizo de podoloxía á xente maior. Nesta ocasión será realizando un estudio nutricional e de calidade de vida dos habitantes da terceira idade de Ribadeo, froito do convenio que esta tarde asinaban o Colexio de Médicos de Lugo, a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e o propio Concello. O rexedor dixo que “entre a xente da terceira idade existe unha tendencia a padecer trastornos de inxesta alimentaria cos consecuentes déficits nutricionais, non sempre clínicamente manifestos… por iso imos realizar este estudio para despois en función dos resultados obtidos poder actuar. Trátase dun paso importante de cara a mellora a calidade de vida dos nosos maiores”.
O presidente do Colexio de Médicos, José Ignacio Vidal Pardo, sinalou que “Ribadeo presenta unhas características demográficas que o fan idóneo para realizar este estudio muestral desde o punto de vista nutricional porque conta con poboación rural, urbana, costeira e de interior. Queremos comparar a xente que come do que fai na casa coa xente que participa no programa Xantar sobre rodas”.
Os obxectivos do estudio pasan por coñecer o estado nutricional da poboación anciá de Ribadeo, por realizar un estudio de metabolismo fosfo-cálcico e de vitamina D nesta poboación non illada e por valorar as condicións de vida e os seus hábitos alimentarios para despois actuar en consecuencia. Serán obxecto de dito estudio 35 persoas beneficiarias de Xantar sobre rodas e outras 35 elexidas aleatoriamente dentro dos que comen no seu medio familiar. Dous médicos, dous diplomados en enfermería e o asistente social serán os encargados de obter toda a información clínica e as enquisas nutricionais e socio sanitarias.
A delegada da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, Branca Rodríguez Pazos asegurou que “a máxima preocupación da Xunta son as persoas maiores e tamén os maiores depedentes” e destacou que Ribadeo “foi pioneiro na posta en marcha do programa Xantar na casa que na actualidade está xa en 26 concellos da provincia de Lugo e ao longo deste 2009 agardamos que estea xa en todos”. Rodríguez Pazos suliñou a importancia deste estudio “porque moitos dos nosos maiores perderon o hábito de comer variado” e dixo tamén que “Ribadeo será un exemplo para o Consorcio Galego de Servizos Sociais que xunto coas tres universidades galegas está tentando facer tamén un estudio deste tipo no que despois se poderá integrar Ribadeo”. A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar asume o custe da realización deste estudio nutricional e de calidade de vida dos habitantes da terceria idade de Ribadeo.






















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



