Site icon Crónica3.com A Mariña

Di o PSOE de Cervo que o concello mantén “secuestrada” a placa inaugural de piscina municipal

NOTA DE PRENSA
O Concello de Cervo mantén “secuestrada” a placa inaugural da Piscina Municipal

O alcalde din que “non a atopa”, e o Valedor insta ao concello a abrir unha investigación ou construír unha nova ao ser un ben patrimonial

O PSdeG-PSOE quere denunciar un episodio mais da continua falla de democracia e a indecencia política que se está a vivir no Concello de Cervo, tras a negativa de Alfonso Villares de repoñer a placa institucional da Piscina Municipal, esta vez coa escusa de que non a atopa.

Queremos recordar que o Valedor, tras as xestións realizadas polo Grupo Municipal Socialista, requiriu ao Concello de Cervo a reposición da Placa Institucional da Piscina Municipal de forma inmediata.

A placa desaparece aos dos días da resposta do alcalde

O pasado día 19 de maio, acudimos ao rexistro do Concello e comprobamos que o alcalde había contestado ao valedor que non atopaba a placa e por iso non a poñía; ese mesmo día, concelleiros do PSdeG-PSOE acudimos as dependencias da piscina, e comprobamos con sorpresa que a placa estaba no mesmo lugar onde leva os dous últimos anos, no sótano da piscina. Ao día seguinte, mércores, acudimos de novo con unha cámara para gravar a “gran mentira” e o portón de acceso ao lugar onde se atopaba a placa estaba pechado e ao preguntar aos traballadores, comentaron que a placa xa non estaba. E dicir, a placa desapareceu do Martes día 19 para o mércores día 20 de maio.

Delincuencia Institucional

Estes feitos dan unha idea de como o Partido Popular de Cervo adoece entre outras moitas cousas de falla de respecto ás institucións, e non ten reparos en mentir aos veciños e ao propio Valedor, pois a placa estaba na piscina o día que Villares contestaba ao Valedor que non a atopaba.

O Valedor pide unha investigación

Dende a Institución autonómica, e a vista de que o alcalde argumenta que non atopa a placa, demandase ao Concello de Cervo que faga unha investigación para determinar o seu destino, e en caso de non atopala proceder á construción dunha nova con semellantes características. O valedor concedeulle ao concello de Cervo un prazo de un mes para que comunique as medidas adoptadas e as xustificacións oportunas.

Esiximos responsabilidades por un acto de extrema gravidade

O alcalde de Cervo ten que explicar porque minte aos veciños e a unha Institución en algo que en un principio podería ser unha cousa sen importancia, pero que debido a súa torpeza e a súa covardía política e resentimento estase a converter en un episodio sen precedentes, pois mentres que en outros concellos os seus colegas do PP rexeitan retirar monumentos franquistas, Alfonso Villares negase a repoñer unha placa institucional dun alcalde elixido de forma democrática polos veciños de Cervo.

Este tipo de actos antidemocráticos non é novo no concello, pois xa en outras ocasións Alfonso Villares amosou a súa falla de democracia e tolerancia, quitando unhas pancartas e lazos de protesta despois dunha concentración de veciños polo retraso na aperttura do parque Reina Sofía de San Ciprián.

Exit mobile version