Site icon Crónica3.com A Mariña

En Burela, Barcia pídelle seriedade e non confrontación a Cando

Nota de Prensa

González Barcia afirma que o campo de o BNG non fixo nada por Burela.
Considera que Nieves Cando perdeu dous anos de “convivência” coa Xunta bipartita.

Barcia pídelle seriedade e non confrontación.

O portavoz do GMPP de Burela, José María González Barcia, afirmou hoxe que o BNG non fixo nada por Burela, porque non foron capaces de facer o campo de fútbol artificial da Marosa, solicitado hai máis de dous anos polo goberno municipal do PP, e porque nunca  aceptaron que a escola infantil e a súa ampliación foxe xestionada por gobernos da Xunta e municipal do PP. Mesmo se opuxeron á financiación da Casa do Concello e da Praza. Polo tanto, segundo Barcia, non deben poñerse nerviosos, tal e como lle está a pasar a Nieves Cando ultimamente.
Barcia considera que Nieves Cando perdeu dous anos, de convivencia entre o bipartito da Xunta e o bigoberno burelés, pero quen os perdeu en realidade foi Burela. Non se vé ningún proxecto por ningún lado, diga o que diga, só temos o “Xantar na Casa”, e as axudas de corenta euros por material escolar, que aceptamos pero que nos parecen inxustas por ser universais precisamente.
Polo tanto, o que tén que facer Neves Cando, logo de serenarse, é aceptar que o PP quere colaborar co bigoberno, e decímolo publicamente, ainda que atopamos a calada por resposta. E ademais tén que buscar a vía do diálogo e non a da confrontación.
Así, coa súa forma de actuar, non se consigue nada, sólo poñerse, ela, mal dos nervios.

Exit mobile version