Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo convoca 3 prazas de auxiliares de policía local para o verán

RIBADEO (FNC) .- O Concello de Ribadeo convoca 3 prazas de auxiliares de Policía Local como reforzo para tempada de verán. O contrato realizarase pola modalidade de obra ou servizo determinado a tempo completo ata o 30 de setembro de 2009.

Entre os requisitos específicos que se esixen figuran ter realizado e superado o curso básico de auxiliares de Policía Local da Academia Galega de Seguridade, ter o permiso de conducir das clases A e B con BTP e unha estatura mínima de 1,65 metros no caso dos homes e de 1,60 metros no das mulleres. Os aspirantes enfrontaranse a unha proba de coñecemento de 50 preguntas, a unha proba específica sobre coñecemento do termo municipal e da toponimia local e a outra de lingua galega.

Os interesados terán que presentar toda a documentación no rexistro de entrada do Concello durante o prazo de cinco días naturais contados desde a publicación do anuncio desta convocatoria na prensa. As probas de selección serán na Casa do Concello ás 18 horas dous días naturais despois de rematado o prazo de presentación de solicitudes.

Exit mobile version