Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela desmente as informacións do PP sobre a policía local e informa da presencia na Semana Internacional da Horta do Mar

BURELA (FNC) .- Burela estará presente desde o venres na 38 Semana Internacional da Horta e do Mar que se celebra en Los Alcázares (Murcia). O rexedor, Alfredo Llano, viaxará a esa vila o vindeiro sábado e manterá un encontro coa alcaldesa, Encarnación Gil, “aproveitarei a visita para convidalos a que veñan a coñecer Burela e a gozar da nosa cultura e da nosa gastronomía”. En Los Alcázares estará o venres 21 e o sábado 22 de agosto a Sociedade Cultural Ledicia, que porá a nota musical neste evento que se desenvolve desde o pasado día 14.

A Semana Internacional da Horta e do Mar foi declarada hai anos festa de interese turístico rexional.

Policía local

O alcalde de Burela desmente as manifestacións efectuadas polo PP nas que a formación conservadora asegura que o domingo a vila non contou con Policía Local. Alfredo Llano asegura que houbo unha quenda con dous axentes traballando, como é normal e o servizo funcionou perfectamente, segundo figura nos partes de traballo e de asistencia”. O rexedor cualifica de “mentira” esas declaracións e pídelle ós populares que “antes de facer falsas testemuñas que se aseguren do que están a dicir”.

Exit mobile version