Site icon Crónica3.com A Mariña

Conmemoran en Lourenzá o Día Internacional das Bibliotecas cunha “lectura colectiva”

LOURENZÁ .- A concellería de Cultura, Familia, Muller e Xuventude de Lourenzá, da que é responsable María Guadalupe Flórez Seivane, programou para o venres, día 23 de outubro, unha sesión de “lectura colectiva” co gallo de conmemorar o “Día Internacional das Bibliotecas”, establecido o 24 de outubro. A actividade estrá guiada pola escritora Helena Villar Janeiro e a contará coa asistencia dos alumnos dos últimos ciclos de Primaria do C.E.I.P “Juan Rey” da vila.
A sesión de lectura colectiva “chega a través da biblioteca pública municipal Juana de Ibarbourou, e a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, dentro do Programa “Letras Vivas Creación”, explican.

Exit mobile version