Nota de prensa X Certame de Poemas de Amor O xurado reuniuse o día 21 de febreiro para seleccionar os/as gañadores/as do X Certame de Poemas de Amor. A participación neste certame foi de 62... Ler máis
A biblioteca pública municipal de Foz organiza o obradoiro de contacontos para pais “Contamos todos”, será o venres 26 ás 7 da tarde. “Para aprender a imaxinar, contar inve... Ler máis
A Biblioteca Pública Municipal de Foz, ten mañá a partir das 18:00 horas unha sesión de conta-contos para nenos de 4 a 7 anos cos “Contos de Pablísimo” organizado polo Concello d... Ler máis
Nota de prensa COMEZOU EN XOVE “PREESCOLAR NA CASA” O pasado 28 de outubro deu comezo no noso Concello o Curso de “PREESCOLAR NA CASA”, concretamente na Biblioteca Municipal de Xove, nunha... Ler máis
O IES Perdouro de Burela organiza unha actividade de fomento á lectura coas do mes das Bibliotecas Nota de Prensa O próximo luns, día 25 de outubro, ás 18:15 horas, realizarase na biblioteca... Ler máis
LUGO .- A Biblioteca Provincial de Lugo, dependente da Consellería de Cultura e Turismo, ven de convocar o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras galegas 2010, nas súas fases local e... Ler máis
LOURENZÁ .- A concellería de Cultura, Familia, Muller e Xuventude de Lourenzá, da que é responsable María Guadalupe Flórez Seivane, programou para o venres, día 23 de outubro, unha sesión de... Ler máis
A MARIÑA .- A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria está a desenvolver o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade pública... Ler máis
BURELA (FNC) .- Valoración positiva do Concello de Burela tras os distintivos que recibiron os seus areais. As praias de Portelo, A Marosa e Ril lucirán de novo este verán a bandeira azul qu... Ler máis
FOZ .- A biblioteca do instituto de educación secundaria de Foz conta con 15 mil volumes que poderían ser accesibles ao conxunto dos veciños do concello si prospera a proposta que lle fixo o... Ler máis
BURELA .- A concelleira de Cultura, Neves Cando, manifesta unha grande satisfacción “pola boa acollida que tivo a nosa iniciativa de formar un club de lectura na biblioteca municipal.... Ler máis
















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



