Ameijide asegura que “o goberno provincial segue sen apoiar ás persoas: non só con anos de desatención á rede viaria; senón tamén cos atrasos na construción das residencias comprometidas ou coa aplicación, dun mes para outro, dunha suba drástica das tarifas aos usuarios que Carmela López ten a triste honra de protagonizar”
Lugo, 21 de agosto de 2026. O portavoz do PP, Antonio Ameijide, asegura que “asistimos á rolda de prensa das escusas e desculpas de Carmela López” toda vez que “se centrou, principalmente, en responder ao Grupo Popular. É dicir, “di ben pouco da súa propia xestión se ten que rebater cada unha das críticas que, oxalá, non tiveramos que facer dende o Partido Popular”.
Ameijide asegura que “as nosas denuncias están máis que fundadas porque o goberno provincial de PSOE e BNG presidido por Carmela López continúa instalado no sectarismo” afectando tanto aos Concellos máis grandes coma aos máis pequenos. “A proba máis evidente é a baixada dende os 350.000 euros aos 50.000 euros de colaboración coa capital da provincia para as festas do San Froilán ou o incumprimento do acordo asinado co Concello de Folgoso do Courel para a construción dunha residencia no municipio deixando tirados aos veciñas e veciñas”. Ao respecto, considera que “o motivo non é outro que o da cor política dos seus gobernos”.
O portavoz provincial incide en que “as decisións de Carmela López continúan secuestradas por Tomé, García Porto, o PSOE e o BNG”. E subliña que “os convenios a dedo continúan teledirixidos aos mesmos, ás mesmas cores políticas. Por moito que asegure que chegan a todas as comarcas, os beneficiarios dos fondos provinciais son Concellos gobernados por PSOE e BNG considerando cidadáns de segunda a máis da metade dos lucenses. O Concello de Lugo queda fóra desta colaboración e con moitos outros xa nin se espera dende fai anos”. Polo tanto, “nada de igualdade”.
A presidenta vén a dar tamén a razón ao Grupo Provincial Popular sobre a necesidade de mellorar a rede viaria provincial que sofre as consecuencias de anos de abandono por parte de PSOE e BNG. “Se actualmente actúan en vías dos termos municipais de concellos gobernados polo Partido Popular é porque non actuaron dende fai moito tempo e, ademais, porque constitúen máis da metade do territorio da provincia”, asegura. Ademais, cuestiona a “brevidade e inmediatez” sobre as obras de emerxencia na rede viaria provincial toda vez que “tardaron 8 meses en sacar a a licitación a redacción do proxecto da ponte caída en Navia de Suarna”. E recorda que “na información facilitada polo propio goberno provincial sobre os destinos do parque móbil para a limpeza de cunetas nos primeiros meses do 2026 reflicte claramente o sectarismo da Deputación: de 15 municipios beneficiados, só 4 estaban gobernados por alcaldes ou alcaldesas do Partido Popular”.
“O goberno provincial segue, ademais, sen apoiar ás persoas. Non só con anos de desatención á rede viaria; senón tamén con atrasos na construción das residencias comprometidas ou coa aplicación, dun mes para outro, dunha suba drástica das tarifas aos usuarios. Carmela López ten a triste honra de ter subido ata un 60% o custe da praza dun mes para o outro”, subliña.
Ameijide incide no “fracaso da xestión de PSOE e BNG” porque, despois de catro presidentes socialistas, “non foron capaces de cumprir o prometido para a rede provincial de centros de atención a maiores”. Na actualidade a Deputación de Lugo conta con varias con obras paralizadas, outras obras sen iniciar e no caso da residencia de Becerreá está pendente o seu equipamento e cociña que deberían terse completo fai anos e que non se impulsou ata que houbo unha sentenza condenatoria contra a Deputación de Lugo. Así mesmo, “a reversión dos terreos para a residencia de Folgoso do Courel ao Concello ante o incumprimento do goberno de PSOE e BNG, certifica a falta de vontade por cumprir un acordo asinado fai oito anos”.
O CONCELLO DE LUGO, EXEMPLO DO SECTARISMO DO GOBERNO PROVINCIAL
Ameijide asegura que “Carmela López e o goberno provincial de PSOE e BNG deixan tirados aos veciños e veciñas do concello de Lugo” evidenciando que “o seu sectarismo á hora de gobernar a Deputación Provincial está máis enraizado que nunca”.
Así, pon como exemplo “non só a retirada dun apoio que historicamente recibían as festas de Lugo; senón a falta de implicación coa praia fluvial” toda vez que “se negan a colaborar na tramitación nun exercicio de total pasotismo coas necesidades da capital da provincia”. Así, cre que “os veciños e veciñas de Lugo desapareceron das preocupacións do goberno provincial”.
“E todo isto súmase a anos de abandono do patrimonio provincial como se evidencia no quiosco Mirador do Campus de Lugo”, conclúe.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.


