O Valadouro, 21 de agosto, 2026. O BNG do Valadouro lamenta que este ano, por primeira vez, o municipio quede sen actividade festiva o propio 8 de setembro, data que dá nome ás tradicionais Festas do Oito e na que se celebra a festividade da Nosa Señora.
A formación nacionalista critica tamén a decisión do goberno local de establecer como festivo o 7 de setembro, véspera da celebración, cando tradicionalmente o festivo municipal se fixaba para o día 9.
O portavoz municipal do BNG, Eduardo Chao, considera “contraditorio que o día que dá nome ás Festas do Oito pase a ser laborable e sen actividade ningunha”. Engade que, “co PP á fronte do Concello, e de seguir así, haberá que pensar en mudarlle o nome ás festas”, en referencia ao cambio de datas.
Chao defende o respecto pola tradición e pola cultura local e lembra que “nos meus sesenta anos nunca vivín unhas Festas do Oito que non se celebrasen os días 8 e 9 de setembro”.
Pola súa banda, o concelleiro nacionalista Eliseo Teijeiro cuestiona as decisións adoptadas polo goberno do PP e polo resto da corporación, que votaron a favor de modificar a tradición local. Teijeiro lembra que o 9 de setembro, día que sempre se estableceu como festivo municipal, a praza da vila “encheuse tradicionalmente de xente, fose laborable ou fin de semana”. Por iso, non comparte a xustificación de achegar as festas á fin de semana: “a xente sempre respondeu e a praza sempre estivo chea o día nove”.
O BNG considera comprensible que exista demanda social para contar con máis días de festa, pero non comparte a forma de facelo. “É totalmente compatible manter as tradicións e, ao mesmo tempo, ofrecer unha programación festiva, cultural e de ocio ao longo do ano que dea resposta ás necesidades da veciñanza”, sinalan.
A formación lembra que o BNG propuxo iniciativas para dinamizar o municipio, como a recuperación das feiras e das actividades do Mes Gandeiro, propostas que —segundo denuncian— continúan sen resposta por parte do goberno do Partido Popular.
O BNG do Valadouro defende que as Festas do Oito deben manter a súa celebración tradicional os días 8 e 9 de setembro, e reclama ao Concello unha programación estable de actividades festivas e culturais ao longo do ano, que contribúa á dinamización social e económica do municipio.






















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



