Xove, 21 de agosto, 2026. O Concello de Xove e a Asociación de Festexos Montevelle presentan a programación das Festas Patronais 2026, que se celebrarán do 27 ao 31 de agosto, cun amplo programa de actividades pensado para todos os públicos e que combina tradición, cultura, música, gastronomía e lecer.
As celebracións comezarán o xoves 27 de agosto ás 12:00 horas cunha actividade infantil na praza anexa á biblioteca a cargo de Caxoto, dentro do programa Ler Conta Moito. Pola tarde, o Salón de Actos do Centro Cívico acollerá o pregón das festas, que será pronunciado por Oliver Escobar, veciño de Xove e catedrático na Universidade de Edimburgo. A xornada pechará coa representación da ópera rock O camiño do amor, do Grupo Claxxon, incluída no programa Concertos do Xacobeo.
O venres 28 de agosto a programación continuará coa actuación da Maga Fani ás 12:00 horas. Ás 20:00 celebrarase a tradicional Sardiñada Popular, amenizada pola Charanga NBA, seguida dunha gran verbena coas orquestras Ritmo Joven e Grupo América.
O sábado 29 de agosto, día grande na honra a San Bartolo, comezará cos pasarrúas da Banda Naval de Viveiro e os cabezudos da A.C. Saíñas. Ás 13:00 terá lugar a misa solemne e a procesión, seguidas da sesión vermú coa Orquestra Principal. Pola tarde celebrarase o XL Festival de San Bartolo, organizado pola A.C. Saíñas no pavillón de deportes, cunha mostra de folklore tradicional. A noite culminará cun espectáculo de fogos de artificio e unha verbena coas orquestras Principal e Gran Parada, para rematar coa Disco Móbil Conxuro.
O domingo 30 de agosto, dedicado á Virxe do Carme, celebrarase a misa solemne e procesión acompañadas pola Banda CC.TT. Ntra. Sra. de la Misericordia. A sesión vermú correrá a cargo do Grupo Nueva Fuerza. Pola tarde, ás 19:00 horas, disputarase no Campo Municipal o XXXVI Torneo Concello de Xove, que enfrontará á U.D. Xove-Lago e ao C.D. As Pontes. A verbena da noite contará coa actuación da recoñecida Orquestra El Combo Dominicano.
As festas pecharanse o luns 31 de agosto, festivo local en Xove, cunha tarde dedicada á infancia, con inchables na praza do Concello para o desfrute dos máis pequenos.
Desde a organización convídase á veciñanza e ás persoas visitantes a participar nunhas festas que volverán converter Xove nun punto de encontro para a convivencia, a música, a tradición e a diversión, grazas á colaboración da comunidade, do tecido asociativo, das empresas locais e das entidades que fan posible esta celebración.






















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



