Ribadeo, 11 de outubro de 2026. O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou esta mañá na sesión solemne da Academia Xacobea, celebrada no marco da XXI edición das Xornadas ‘Mar por Medio’, na que se oficializou a entrada na entidade de John Rutherford en calidade de académico de honra e a Manuel Valín Valdés como académico correspondente. Neste sentido, Xosé Merelles salientou que ambas traxectorias achegan coñecemento, experiencia e rigor á institución, precisamente nun momento ás portas dun novo Ano Santo.
Co horizonte do próximo Ano Santo “xa á volta da esquina”, o director de Turismo de Galicia puxo en valor o traballo desta institución, que “contribúe a manter plenamente vixente este acontecemento, a estudar as súas implicacións e a dar difusión aos seus valores”.
Xosé Merelles destacou o perfil de Manuel Valín Valdés, cunha traxectoria profesional e política vinculada á Mariña lucense e, en concreto, ao concello de Ribadeo. No eido xacobeo, o director de Turismo de Galicia lembrou que Valín foi socio fundador da Asociación de Amigos do Camiño Norte na provincia de Lugo en 1989 e tamén participa na difusión do Camiño a través de eventos, artigos e obras de investigación.
Sobre o hispanista británico John Rutherford, académico de honra, o director de Turismo recordou que o seu vínculo con Ribadeo impulsando as xornadas ‘Mar por Medio, que reúnen a galeguistas españois, británicos e doutros países arredor da cultura e da literatura galegas.
Profesor emérito do Queen’s College da Universidade de Oxford, onde exerceu máis de catro décadas como docente de Lingua e Literatura española e iberoamericana, Rutherford é tamén tradutor ao español e ao galego e responsable da edición en inglés de autores como Castelao ou Méndez Ferrín. O Centro de Estudos Galegos de Oxford, que axudou a crear, leva o seu nome.
Merelles defendeu, ademais, o Xacobeo “non só como unha experiencia única”, senón como “un fenómeno global, que debe ser vivido, pero que tamén merece ser investigado e recoñecido”.























Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



