Mondoñedo, 10 de outubro de 2026. A deputada de Cultura Iria Castro participou esta mañá na xornada Coidar o rural, organizada no marco do proxecto de investigación Coidarq coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Durante o encontro, celebrado no Pazo de San Tomé, en Mondoñedo, presentáronse as conclusións preliminares do estudo “Axencia feminina, coidados e memoria: unha aproximación transhistórica ao rural galego desde O Combarro, San Vicente de Trigás, Mondoñedo”, que afonda no papel das mulleres na construción, sostemento e transformación das comunidades rurais ao longo da historia a partir de testemuños recollidos a veciñanza e persoas vinculadas a San Vicente de Trigás.
O estudo, desenvolvido polas investigadoras Celtia Rodríguez, Iria Vázquez e Antía Caramés, suma a investigación etnográfica e sociolóxica aos achádegos arqueolóxicos realizados no lugar de Combarro, en San Vicente de Trigás, en 2023, que avanzaron na documentación de restos dunha aldea altomedieval nesta parrroquia mindoniense e que abriron novas vías de coñecemento sobre as comunidades rurais nese periodo histórico. Na exposición, as autoras remarcaron a contribución das mulleres á configuración e conservación das paisaxes a través das tarefas agrarias.
Na presentación da xornada, Iria Castro valorou “o enfoque de xénero e o interese pola investigación da cotidianidade nas comunidades rurais que guían o proxecto” e sinalou que “a divulgación en encontros coma este contribúen a reforzar a sensibilidade cara ao patrimonio e ampliar o coñecemento sobre a nosa propia historia”. A responsable provincial avanzou ademais que “a Vicepresidencia da Deputación manterá a colaboración co proxecto de investigación en 2027”.
O encontro, no que tamén se proxectou un vídeo resumo dos traballos desenvolvidos, contou tamén coa participación das investigadoras Rebeca Blanco Rotea e Marga Fernández Mier, que coordinan proxectos de investigación sobre o papel das mulleres na xestión do rural nas universidades de Minho e Oviedo.






















Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



