A Xunta de Goberno aprobou este venres a resolución provisional da convocatoria, que se publicará o vindeiro 27 de agosto no BOP
Lugo, 21 de agosto de 2026. A Xunta de Goberno aprobou este venres a resolución provisional das axudas á recría de xatas de Rubia Galega nas granxas de nacemento, convocadas pola área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
As axudas, encadradas no programa Marela!, beneficiarán a 220 ganderías da provincia, que recibirán importes entre os 400 e os 4.000 euros, en función do número de xatas reprodutoras – cun parto antes dos 36 meses – que realizan a recría na propia granxa de nacemento. En total, as axudas vincúlanse á recría de 718 animais.
O deputado de Rural Daniel García destacou “a continuidade do programa que se consolida como un apoio directo á recría e á gandería de vacún de carne, un sector fundamental para a provincia polo seu impacto económico pero tamén social e medioambiental, xa que falamos sobre todo de granxas de pastoreo ubicadas, na súa maioría, en concellos de montaña onde esta gandería é a mellor alternativa para a xestión do territorio en mosaico e a prevención de lumes”.
A resolución coa listaxe de ganderías beneficiarias publicarase o xoves 27 de agosto no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
O apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo ás ganderías de razas autóctonas compleméntase cunha segunda liña de subvencións, vinculada ao programa Morenas! e dirixida a granxas con razas bovinas, ovinas e caprinas en risco de erosión xenética – Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá ou Vianesa, de Ovella Galega e de Cabra Galega -, que se resolverá nas vindeiras semanas. En suma, a área de Rural destina ás ganderías de razas autóctonas axudas directas por importe de 400.000 euros.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



