Foz, 21 de agosto, 2026. A Feira do Libro de Foz abriu este xoves 20 de agosto na Praza Conde Fontao coa inauguración e o pregón da escritora Abril Camino, gañadora do Premio Xerais 2025. A cita, organizada pola Federación de Libreiros de Galicia, conta co apoio económico do Concello de Foz, da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. Durante catro días, ata o domingo 23, nove librarías e editoriais ofrecerán os seus fondos e participarán en presentacións, sinaturas e actividades de animación á lectura, nun horario de 17:30 a 22:00 horas.
Na apertura participou tamén o deputado provincial Daniel García, quen reafirmou o compromiso da Deputación coas feiras do libro e destacou o papel das librarías na vida cultural, citando a traxectoria da Libraría Bahía. A xornada incluíu a actuación musical do Cuarteto Xijie. O Servizo de Publicacións da Deputación exhibe na feira as súas novidades editoriais, entre elas Mulleres de Salitre, de Paco Rivas, e Enxeñería hidráulica do s. XVIII na cidade de Mondoñedo, de Xurxo Lorenzo.
O Concello de Foz subliña a súa aposta pola lectura, reforzada coa reforma da Biblioteca Municipal, a creación da sala de estudo e o apoio continuado a unha Feira do Libro que chega á súa 41ª edición, unha das máis lonxevas de Galicia.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



