O Concello habilitará este recurso o venres 28 e o sábado 29 de agosto na explanada da Madalena, cunha carpa destinada á sensibilización e outra para garantir unha atención individualizada ante posibles situacións de violencia sexual ou sexista
Vilalba, 25 de agosto de 2026. O Concello de Vilalba reforzará este ano o Punto Violeta da Xira Campestre, unha iniciativa orientada á prevención da violencia sexual e á creación dun entorno festivo máis seguro, respectuoso e libre de agresións. A alcaldesa e concelleira de Igualdade, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo presentaron esta nova edición, que volverá estar situada na explanada da Madalena durante as noites da Xira.
Como principal novidade, o Punto Violeta contará con dúas carpas diferenciadas para ofrecer unha atención máis completa e adaptada ás necesidades das persoas usuarias. Un dos espazos estará dedicado á información, sensibilización e concienciación, ademais da entrega de pequenos agasallos para fomentar a participación. O segundo espazo estará destinado a quen precise comunicar ou abordar unha situación concreta, garantindo maior intimidade, atención personalizada e un entorno seguro.
O punto estará atendido por profesionais especializados en violencia de xénero e violencia sexual, que ofrecerán información, asesoramento e acompañamento. No caso de que se comunique unha posible agresión, activarase o protocolo establecido para este tipo de situacións.
O Punto Violeta estará operativo:
Venres 28 de agosto, de 23:00 a 3:00 horas
Sábado 29 de agosto, de 22:00 a 4:00 horas
Nunha das marxes da explanada da Madalena.
Desde o Concello destacan que o obxectivo é que o Punto Violeta sexa un recurso próximo e accesible para todas as persoas que participen na Xira Campestre, tanto para quen queira informarse como para quen poida necesitar apoio ante unha situación de carácter sexista ou sexual.
A alcaldesa, Marta Rouco, subliña que “queremos que as festas sexan espazos para desfrutar, compartir e convivir, e iso implica garantir que todas as persoas poidan facelo con seguridade e respecto”. Engade que “este ano damos un paso máis, diferenciando os espazos para ofrecer, por unha banda, información e sensibilización e, por outra, unha atención máis íntima e personalizada cando sexa necesaria”.
O Concello anima á cidadanía a achegarse ao Punto Violeta, coñecer o seu funcionamento e facer uso deste recurso sempre que o considere necesario.





















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



