A conselleira María José Gómez coñeceu hoxe en Cospeito varias destas actuacións
Cospeito, 22 de agosto de 2026. A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, salientou hoxe o investimento de máis de 1 millón de euros feito pola Xunta no período 2025-2026 para mellorar as infraestruturas rurais da comarca lucense da Terra Chá. Fíxoo durante unha visita ao concello de Cospeito, onde coñeceu varias destas actuacións. Estes fondos da Consellería beneficiaron os oito concellos da comarca: Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza e Vilalba.
Só a través do Plan Camiña Rural estes municipios recibiron unha achega de case 733.000 euros para a construción e acondicionamento deste tipo de infraestruturas. Os demais fondos investíronse noutras actuacións en distintos concellos para a mellora de vías rurais, co fin de dar servizo a produtores.
No caso concreto de Cospeito, o último Plan Camiña Rural posibilitou mellorar pistas e estradas en distintas localizacións (barrios e parroquias) do termo municipal: Roás, Xustás, Sisoi, Iglesia, Xermar, Gabín etc. Ademais, coa maquinaria da empresa pública Seaga, nestas semanas están a realizarse traballos de limpeza e acondicionamento de camiños rurais en distintos barrios de Xermar, así como da parroquia de Santa María de Cospeito e en Muimenta.
Segundo Gómez, estas accións son claves para a dinamización social e económica do agro, xa que vertebran o territorio. Por iso, amosou o compromiso da Xunta para seguir apostando pola colaboración institucional e por apoiar os concellos para mellorar as súas infraestruturas, “xa que este labor redunda en beneficio da mobilidade da veciñanza e facilita, tamén, dar saída aos produtos agroalimentarios”, remarcou.
Investimento de case 19 millóns de euros en Galicia
A conselleira explicou que do Plan Camiña Rural benefícianse todos os concellos galegos, e con el subvenciónase a ampliación ou mellora de camiños que formen parte da rede viaria de acceso a unha ou varias entidades de poboación. Na última convocatoria, correspondente ás anualidades 2026-2027, contémplase un investimento total de preto de 19 millóns de euros no conxunto de Galicia.
Asemade, Gómez lembrou que dende o ano 2016, tendo en conta tamén os traballos da convocatoria pasada, actuouse na nosa comunidade en case 6.700 camiños, cunha lonxitude total de arredor de 5.200 quilómetros e un importe de axudas de preto de 156 millóns de euros.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.


