Site icon Crónica3.com A Mariña

Primeiras xestións en Burela no Banco de Tempo “para compartir e aprender o que cada un sabe facer”

BURELA (FNC) .- A primeira xuntanza da segunda tempada do banco de tempo de Burela ocasionou o primeiro intercambio entre dous socios. Segundo a técnica de emprego, Vanessa Rodríguez, “hoxe celebramos a primeira reunión desta nova tempada de socios do banco de tempo de Burela e quero destacar as tremendas gañas que teñen de que se leve a cabo a labor deste servizo e a de ampliar o número de persoas para poder celebrar cursos, que serían impartidos polos mesmos socios”.  Rodríguez sinala que “xa barallamos algúns como iniciación á informática, pintura… lembrar que estes cursos son gratuitos, sen nengún ánimo de lucro, son para compartir e aprender o que cada un sabe facer, e tamén decir que son básicos non para profesionais”.

Na xuntanza que se celebrou esta mañá no Concello de Burela “acordamos facer unha reunión mensual, a próxima terémola o 27 de Novembro ás 11:30 da mañá aquí na Casa do Concello. Nestas xuntanzas procuraremos darnos ideas, compartir os intercambios que os nosos socios fan entre eles e ademáis poderemos sempre estar actualizados e coñecernos”. A técnica de emprego anima “a todo o que poida, a facerse socio para así ampliar as ofertas e axudar a máis persoas”.

Exit mobile version