NOTA DE PRENSA O BANCO DE TEMPO, QUE INICIA A SÚA TERCEIRA TEMPORADA, PREPARA UNHA PÁXINA WEB E VARIOS CURSOS PARA OS SOCIOS. Burela, 23 de agosto de 2010. O banco de tempo do Concello de Bu... Ler máis
Os membros do banco municipal de tempo de Burela manterán un encontro o vindeiro 6 de abril a partires das 11:30 da mañá na sala de conferencias (antiga biblioteca). Segundo explica a técnic... Ler máis
O VALADOURO .- A asociación Liga Céltiga Galaica pide “aos gobernos municipais dos concellos de Alfoz e Ferreira” a creación dun banco do tempo intermunicipal, é dicir, un banco... Ler máis
BURELA (FNC) .- O Banco de Tempo de Burela organiza un novo encontro para os seus 17 socios, segundo ven de anunciar a técnico Vanesa Rodríguez. Será o vindeiro 18 de febreiro de 19 a 21 hor... Ler máis
A técnico do Banco de Tempo, Vanesa Rodríguez, e unha das socias desta iniciativa acudiron onte á unha xuntanza que celebraba a delegación de Cogami na Mariña en Burela para “explicarlles un... Ler máis
BURELA (FNC) .- A primeira xuntanza da segunda tempada do banco de tempo de Burela ocasionou o primeiro intercambio entre dous socios. Segundo a técnica de emprego, Vanessa Rodríguez, “hoxe... Ler máis



















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



