Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG discrepa da redacción do acordo do segundo ERE de Sargadelos asinado por CC.OO e UGT

CERVO .- Representantes da CIG no comité de empresa da fabrica de cerámica de Sargadelos discrepan da redacción do acordo do segundo ERE, asinado entre a dirección da fábrica e os representantes dos sindicatos CC.OO e UGT de quenes aseguran que “non apoian unha redacción clarificadora nin tampouco presentan outra ou intentar consensuala. Deixan que a empresa os leve da man”.

Nota de Prensa

As representantes das/os traballadoras/es pola CIG no Comité de empresa da “Fábrica de Cerámica de Sargadelos, S.L.”,  trala sinatura do acordo do 2º ERE entre a Dirección e as centrais sindicais CC.OO e UGT, manifestamos o seguinte:

Na asemblea celebrada o día anterior á sinatura, dende a CIG expuxemos a decisión adoptada polos/as afiliados/as a respecto da oferta empresarial que ía ser sometida a votación, acatariamos a decisión que saise da asemblea cunha condición, que non era outra que a redacción dos acordos, da que resaltamos dous puntos fundamentais, “mantemento de todos os posto de traballo – non despidos” e “garantía de mantemento do comedor” , entregamos cópia aos outros sindicatos. Para nós, a redacción era fundamental, non podia ser menos despois da experiencia do 1º ERE, e da intención de presentar conflito colectivo contra a decisión da empresa de facer o que lle veu en gana.

O día da sinatura, puxemos esa redacción encima da mesa, e para a nosa sorpresa, non só a empresa se opuxo. Co argumento peregrino de que iso non fora o que votara a asemblea, e que algunhos temas xa estaban recollidos pola Lei .
Deixando ao marxe a nosa redacción, fomos chegando a acordos, e redactada a Acta Final, nós tiñamos sospeitas de que o punto referido ao comedor podía traer cola, polo que fixemos a pertinente consulta á asesoría, recomendandonos que con esa redacción quedaría en entredito a pretensión de garantia de futuro do servizo de comedor. Polo que comunicamos que era imprescindible cambiar a redacción, ou facer mención só á suspensión do mesmo no período da xornada intensiva, a todo isto os demais xa asinaran a acta, e a excepción dos asesores xa non quedaban membros do Comite de UGT e CC.OO, a total negativa foi a resposta.

Non alcanzamos a entender o proceder de quenes deben velar polos dereitos dos/as traballadores/as. Non apoian unha redacción clarificadora nin tampouco presentan outra ou intentar consensuala. Deixan que a empresa os leve da man. Obviamente confian no bo criterio de quen non lle temblou a mao para despedir a un traballador sen que acabase o ERE anterior. Tal conplicidade parecen ter que se van antes de que se remate o proceso de sinatura.

Exit mobile version