Nota de prensa REGO ESÍXELLE AO DIRECTOR XERAL DE RELACIÓNS LABORAIS QUE NO DESENROLO DAS NEGOCIACIÓNS DOS ACORDOS CON SARGADELOS SE INCLÚA AO CONXUNTO DOS TRABALLADORES DO ERE – O dep... Ler máis
Nota de Prensa UNHAS 500 PERSOAS MANIFESTÁRONSE HOXE EN CONTRA DOS DESPIDOS EN SARGADELOS. A manifestación, convocada polo Comité de Empresa, saiu dende a fábrica de cerámica ás 18.00 da tar... Ler máis
Nota de Prensa A Delegación de Traballo e Benestar de Lugo, a diferenza do feito pola da Coruña co ERE do Castro, ditou unha resolución en Lugo que só tivo en conta parte do informe da Inspe... Ler máis
REFERENCIA Pero lo rechaza en la de Sada (A Coruña) Traballo avala por motivos económicos el ERE en Sargadelos de Cervo (Lugo) A CORUÑA, 28 Sep. (EUROPA PRESS) – La Consellería de Trab... Ler máis
Nota de prensa: O ALCALDE DE CERVO CUALIFICA DE INTOLERABLE A “DOBRE VARA DE MEDIR” DO MINISTERIO DE TRABALLO NOS ERE DO GRUPO SARGADELOS * Alfonso Villares di que como rexedor “non pode per... Ler máis
NOTA DE PRENSA Basta con demostrar unha simple “previsión de perdas ou diminución persistente de ingresos” para que se poda despedir a un traballador O GRUPO DE GOBERNO DE CERVO ALERTA QUE A... Ler máis
COMUNICADO DE PRENSA DO OBSERVATORIO DA MARIÑA POLA IGUALDADE SOBRE O ERE DA CERÁMICA DE SARGADELOS O Observatorio da Mariña pola Igualdade denunciou xa o ano pasado o impacto específico que... Ler máis
CERVO .- Representantes da CIG no comité de empresa da fabrica de cerámica de Sargadelos discrepan da redacción do acordo do segundo ERE, asinado entre a dirección da fábrica e os representa... Ler máis
CERVO .- Representantes da CIG no comité de empresa de Sargadelos manifestan o seu malestar nun comunicado público, no que indican que se están incumprindo os acordos asinados no ERE entre a... Ler máis
A MARIÑA .- O Observatorio da Mariña pola Igualdade ven de facer un comunicado no que esixe a implicación dos gobernos galego e central para que o ERE da Cerámica de Sargadelos non supoña a... Ler máis
Nota de Prensa O PSdeG-PSOE de Cervo propón que a cerámica de Sargadelos estea presente nos agasallos institucionais do Xacobeo 2010. O apoio aos traballadores e á empresa debe ir acompañado... Ler máis
CERVO .- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, mantivo un segundo contacto co xerente da cerámica de Sargadelos, Roberto Alonso, despois de que a finais de abril tiveran a oportunidade de re... Ler máis
SARGADELOS .- As representantes da CIG no comité de empresa da fábrica de Cerámica de Sargadelos, en Cervo, fixeron pública a súa inquietude polo futuro da empresa e aseguran que “moit... Ler máis
CERVO .- O grupo cerámico Sargadelos presentou aos traballadores un expediente de regulación de emprego temporal que afectaría a 245 empregados das plantas que o grupo ten en Sargadelos, en... Ler máis























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



