Site icon Crónica3.com A Mariña

Rehabilitaron a capela de Santiago de Lagoa en Alfoz con Plan de Comunidades Veciñais

ALFOZ  .- A Deputación aportou 12 mil euros para rehabilitar a capela de Santigo de Lagoa en Alfoz. A obra consistiu no acondicionamento do contorno, arranxo da cuberta, pintura e mellora da instalación eléctrica. O  Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado da Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, inaugurou a apertuara da capela

Nota de Prensa

A Deputación contribúe á rehabilitación da Capela da Logoa de Alfoz que data do século XVI
– Gómez Besteiro inaugurou esta infraestrutura que foi mellorada dentro do Plan de Comunidades Veciñais de 2008
– O titular provincial destacou que “ademais de satisfacer a demanda dos veciños, contribuímos a conservar unha das infraestruturas máis emblemáticas deste Concello, pero que non se podería executar sen o apoio da Deputación”

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado da Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, inaugurou este sábado a Capela de Santiago de Lagoa, no Concello de Alfoz, que foi rehabilitada con cargo ó Plan de Comunidades Veciñais de 2008. Os traballos incluíron o acondicionamento do contorno, arranxo da cuberta, pintura e mellora da instalación eléctrica. Gómez Besteiro destacou que “hoxe os veciños poden dispoñer da Capela en perfectas condicións. Coa axuda da Deputación ademais de satisfacer a súa demanda contribuímos a conservar unha das infraestruturas máis emblemáticas deste Concello, xa que data do século XVI”.

Os traballos realizados tiveron un custe total de 40.000 euros e o organismo provincial achegou para esta actuación 12.000, a máxima cantidade que outorga esta institución por cada axuda que se acolle ó Plan.

A través desta iniciativa, Alfoz recibiu da Deputación o ano pasado 29.115 euros, que serviron para acondicionar, ademais da Capela, varias pistas deste municipio que dan acceso á parroquia de Oiras e ó barrio do Castro. O Pleno provincial aprobou este martes o Plan de Comunidades Veciñais de 2009. Dentro desta anualidade, a este municipio correspóndenlle 21.470 euros, que irán destinados ó alumeado público de varios barrios e da zona de Rizal, así como ó acondicionamento da pista dos Agros.

O titular provincial subliñou que “como se pode ver hoxe, o Plan de  Deputación é un bo modelo porque inclúe obras pequenas, que non menos necesarias, que esixen a unión veciñal e que non se poderían facer sen a aportación da Deputación”.

O acto inaugural contou tamén coa celebración dunha Misa, na que ademais de numerosos veciños, participaron os representantes da Comunidade Veciñal que solicitou a obra.

Exit mobile version