SANTIAGO .- Unha marea de xente asolagou a capital galega con motivo do 25 de xullo ao concorrer a celebración de distintos actos no día de Santiago e a celebración do día da patria galega.... Ler máis
ALFOZ .- A Deputación aportou 12 mil euros para rehabilitar a capela de Santigo de Lagoa en Alfoz. A obra consistiu no acondicionamento do contorno, arranxo da cuberta, pintura e mellora da... Ler máis
SANTIAGO .- O 1 de setembro comezou a conta atrás para dous obxectos de uso cotiá que teñen unha importante repercusión negativa no medio; as lámpadas incandescentes e as bolsas de plástico.... Ler máis
A MARIÑA .- Remata unha fin de semana na que o poderío das celebracións festivas encheu a costa de Lugo. Unhas localidades, como Celeiro e Sargadelos, celebraron o día de Santiago, seguindo... Ler máis
SANTIAGO .- Produtores lácteos concentráronse, con algún tractor, diante da Consellería de Medio Rural, en Santiago de Compostela, para demandar medidas políticas que garantan o establecemen... Ler máis
Nota de Prensa El Partido Popular mantuvo un encuentro con la Presidenta de aguas de Galicia Ethel Vázquez Mourelle en Santiago. El motivo de esta reunión no fue otro, que la construcción de... Ler máis
NOTA DE PRENSA Os populares formularán a súa proposta en todos os concellos da comarca por entender que os medios actuais están minguados, son insuficientes e deben ser reforzados de xeito p... Ler máis



















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



