SANTIAGO .- Produtores lácteos concentráronse, con algún tractor, diante da Consellería de Medio Rural, en Santiago de Compostela, para demandar medidas políticas que garantan o establecemento dun prezo base mínimo e garantía de recollida do leite. Tamén reclamaron unha solución para as dúas granxas de Barreiros as que Leite Rio deixou de recoller a súa produción
![Produtores lácteos concentráronse diante da Consellería de Medio Rural](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2009/05/concentracion_slg_santiago.jpg)