Os Grupos de Acción Local Pesqueira trasladaron as súas reivindicacións á secretaria xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Isabel Artime, durante unha rolda de reunións celebrada no Congreso dos Deputados os días 16 e 17 de xuño. A delegación solicitou, ademais, comparecer ante a Comisión de Pesca do Senado e fixo chegar aos grupos parlamentarios sendos textos —unha moción no Senado e unha proposición non de lei no Congreso— en defensa do modelo
Viveiro, 17 de Xuño. Os Grupos de Acción Local Pesqueira (GALP) de España, integrados no grupo de traballo estatal «Novo Fondo 2028-2034», reuníronse os días 16 e 17 de xuño con representantes dos grupos parlamentarios do PP, PSOE, Junts, PNV, Sumar, EH Bildu, BNG e ERC do Congreso dos Deputados e coa secretaria xeral de Pesca, Isabel Artime, para trasladar a posición común da rede en defensa do modelo de Desenvolvemento Local Participativo (DLP) nas zonas pesqueiras, ante a negociación do Marco Financeiro Plurianual da Unión Europea para o período 2028-2034.
A rolda no Congreso dá continuidade á celebrada no Senado o pasado 9 de xuño e á misión institucional a Bruxelas de marzo de 2026, e consolida unha estratexia de incidencia sostida e multinivel —europea, estatal e autonómica— en defensa do DLP pesqueiro.
Unha posición compartida que debe traducirse en compromisos concretos
A reunión coa Secretaría Xeral de Pesca —autoridade de xestión do FEMPA en España e responsable do deseño do futuro plan nacional— foi, para a delegación, a máis estratéxica do calendario. Os GALP partían dunha sintonía xa expresada publicamente pola propia secretaria xeral, que o pasado mes de maio, na Sesión Plenaria da Rede Española de Grupos de Pesca celebrada en l’Escala, defendeu manter unha dotación suficiente para o DLP pesqueiro e acuícola no próximo marco europeo e preservar un enfoque específico para o sector, diferenciado do ámbito rural: «Debemos preservar un enfoque específico para o ámbito pesqueiro e acuícola, diferenciado doutros modelos de desenvolvemento territorial, porque as nosas comunidades costeiras teñen características, necesidades e retos propios que requiren instrumentos adaptados á súa realidade» (Isabel Artime, l’Escala, maio de 2026).
As reivindicacións trasladadas
Ante a proposta de Regulamento COM(2025) 559 final, que integra o FEMPA nun fondo único e reduce de 52 a 16 os programas europeos, os GALP trasladaron á Secretaría Xeral de Pesca as seguintes peticións, co obxectivo de que o respaldo público da secretaria xeral tradúzase en compromisos concretos no deseño do Plan Nacional e Rexional de Asociación (NRP):
– Un capítulo específico para a pesca e a blindaxe do DLP pesqueiro dentro do plan nacional, cunha dotación obrigatoria, en paralelo á garantía de que xa dispón o LEADER rural.
– Unha asignación específica e identificable para o DLP en zonas pesqueiras, que evite a súa dilución nunha bolsa común sen reserva expresa.
– A preservación da especificidade do desenvolvemento local pesqueiro como instrumento propio e diferenciado do desenvolvemento rural, atendendo á lóxica socioeconómica singular do litoral.
– A simplificación administrativa e a redución de cargas para promotores e grupos.
– Unha canle estable de interlocución entre o Ministerio e a rede de GALP, con seguimento no Comité de Seguimento do FEMPA, e a continuidade reforzada do modelo nas rexións ultraperiféricas.
Iniciativas parlamentarias en marcha
Como resultado da rolda mantida no Senado o 9 de xuño —na que os GALP reuníronse coa totalidade dos portavoces da Comisión de Pesca do Senado e coa súa presidencia—, a rede de GALP anuncia que:
– Solicitou a comparecencia dunha representación dos GALP ante a Comisión de Pesca do Senado, órgano que ditamina sobre a política pesqueira, para expoñer o modelo de DLP pesqueiro.
– Fixo chegar aos grupos parlamentarios o texto dunha moción de apoio aos GALP, para a súa tramitación no Senado.
– Fixo chegar o texto dunha proposición non de lei (PNL) en defensa da blindaxe do DLP pesqueiro, para o seu rexistro na Comisión de Agricultura, Pesca e Alimentación do Congreso dos Deputados.
Todos os grupos parlamentarios consultados, tanto no Senado como no Congreso, expresaron o seu apoio ao modelo, o que evidencia un amplo consenso político e transversal na defensa do DLP pesqueiro.
Un modelo de eficacia probada
Os GALP están presentes en 44 zonas costeiras do Estado e agrupan a máis de 1.200 entidades públicas, pesqueiras, empresariais, sociais e medioambientais, sobre unha superficie de 29.812,87 km² e representando a preto de 11,5 millóns de cidadáns vinculados ao mar. Durante o período FEMP 2014-2020 impulsaron 2.645 proxectos, cun investimento mobilizado superior a 170,9 millóns de euros —dos cales 93,7 millóns procederon do FEMP— e unha execución do 96%, a máis alta de todas as liñas do FEMP en territorio español.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



