Os deputados populares defenderán unha moción no pleno para prohibir que a Deputación asuma ningún custe pola defensa de calquera político ou persoal acusado de delitos sexuais ou que vulneren os dereitos das mulleres, e esixen a PSOE e BNG que se posicionen e digan se están do lado dos lucenses ou prefiren blindar os intereses particulares de José Tomé: “Temos a sospeita de que o pago dos honorarios dos avogados é unha das condicións impostas por Tomé para aupar a Carmela López á presidencia da Deputación pensa tragar con esto tamén”
Lugo, 17 de xuño de 2026. Os deputados do Grupo Provincial Popular desvelaron hoxe que José Tomé, expresidente da Deputación e investigado por un presunto caso de acoso sexual por ofrecer postos de traballo a cambio de sexo, pretende que a Deputación de Lugo, é dicir, todos os lucenses, “lle paguemos a súa defensa xurídica neste caso”.
Así o explicaron o voceiro provincial, Antonio Ameijide, e os vicevoceiros, Demetrio Salgueiro e José Ángel Santos, durante unha rolda de prensa que ofreceron esta mañá diante da Deputación de Lugo.
Antonio Ameijide explicou que “tivemos acceso a esta documentación, a pesar das trabas postas polo goberno de Carmela López xa que, en primeiro termo, deron un expediente erróneo cando pedimos coñecer a petición realizada por Tomé”, sinalou en referencia á que a documentación facilitada foi unha petición realizada polo alcalde de Monforte para que a Deputación enviase ao Concello 2.100.000€.
“Agora que tivemos a documentación correcta, vemos como Tomé solicita, o 27 de abril, o pago dos honorarios dos seus avogados por parte da Deputación, algo que non imos a permitir”, afirmou.
Neste senso, os deputados do Grupo Provincial Popular defenderán no vindeiro pleno unha moción “para evitar que todos os lucenses paguemos a defensa de calquera representante da Deputación investigado por delitos graves, como o presunto acoso ou abuso sexual, ou similares”.
Antonio Ameijide é contundente ao respecto e pregunta: “Van a permitir Carmela López, PSOE e BNG que todos os lucenses paguemos a defensa de Tomé? Se o permiten está claro que esta foi unha das condicións impostas polo expresidente para que Carmela López fose nomeada presidenta da Deputación”.
“Se José Tomé ten problemas coa xustiza, debe custearse os seus avogados do seu propio peto. Os recursos públicos dos lucenses non se deben destinar a pagar a defensa dun presunto acosador sexual”, afirmou.
O voceiro popular foi contundente a este respecto: “Que vai facer agora o BNG? Van permitir que se pague con fondos públicos a defensa dun presunto acosador? Ana Pontón vaino permitir? Que falen claro e mostren a súa postura ante os veciños da provincia”.
Esta contundente reacción dos deputados populares xorde tras ter acceso ao expediente solicitado Grupo Provincial Popular. O expediente deixa claro que José Tomé pretende que a Deputación de Lugo asuma o custo dun orzamento privado que ascende a 37.000€ (sen IVA) correspondente ao bufete Liaño & Márquez de Prado Abogados.
Coa presentación desta moción no vindeiro pleno, o Grupo Provincial Popular quere poñer o foco na responsabilidade política e moral do goberno de Carmela López, forzando ao PSOE e ao BNG a posicionarse publicamente: defender a todos os lucenses ou blindar os intereses particulares de José Tomé.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



