Site icon Crónica3.com A Mariña

Sobre o debate, a descualificación e a crispación política

Todos sabemos que non temos o coñecemento absoluto dun tema, nin estamos en posesión da verdade absoluta nunha disputa. Tamén sabemos que en certos temas hai persoas que son autenticas autoridades, a pesares das súas limitacións.

Tendo en conta o anterior podemos considerar que o debate é positivo para mellorar o coñecemento sobre calquera tema. E desta maneira vemos que científicos, médicos, mestres, xuíces, adestradores deportivos, etc reúnense, debaten, comparten experiencias e ideas co fin de mellorar o seu coñecemento do tema que se trate.

Tamén, cando queremos afondar no coñecemento de algo do que non sabemos o suficiente, acudimos a unha persoa que saiba do tema e que nos poda aclarar as dubidas.

Pois ben, na política, calquera dos dous supostos anteriores: o debate ou a consulta a un experto, debería ser desexable e positivo.

Pero a realidade e moi diferente. Os políticos apenas consultan a ningún experto de calquera tema e actúan como si souberan de todo. Cando os oímos falar, vemos como opinan de todo con unha enorme lixeireza, e así saben de economía, de saúde, de terrorismo, de cultura, etc.
Raro que actuando así moitas veces meten a pata, teñen que tragar as palabras e mesmo pedir desculpas.

En canto ao debate, os políticos non o fan como un intercambio de ideas e opinións tratando de chegar a acordos, a afondar no coñecemento do tema que se trate nin de buscar a mellor solución para o problema en cuestión.
No debate máis que tratar de impoñer as súas ideas pola bondade das mesmas, tratan de impoñer as súas ideas, descualificando as do adversario e tratando de facer ver que si se levan a diante as propostas do outro serán un fracaso. Algo así como o de ser o torto no pais dos cegos.

Esta forma de actuar fai que en ocasións se falten ao respecto entre eles e de este xeito aumente a crispación na vida política.
Esta crispación conleva que os cidadáns se desencanten e sintan pouco apego pola política en xeral e por os políticos en particular, e mesmamente que desconfíen deles.

Eu non sei por que os políticos actúan deste xeito nos debates, seguramente o fan así, ou ben por que dubidan de que os cidadáns entendamos as súas propostas, ou ben por que carecen das mesmas e resúltalles mais fácil descualificar a do adversario político.

Eu animaríaos a defender a súas ideas no debate político e a consultar os expertos nos temas que non coñezan, pois estou seguro que os cidadáns saberemos entendelos e valoralos, dado que a sociedade española e mais entendida do que eles pensan.

Exit mobile version