o fsareiro de foz
Todos sabemos que non temos o coñecemento absoluto dun tema, nin estamos en posesión da verdade absoluta nunha disputa. Tamén sabemos que en certos temas hai persoas que son autenticas autor... Ler máis
Todos sabemos que non temos o coñecemento absoluto dun tema, nin estamos en posesión da verdade absoluta nunha disputa. Tamén sabemos que en certos temas hai persoas que son autenticas autor... Ler máis
Correrá a cargo do avogado Pablo Álvarez Ramos. Terá lugar no Salón de Actos municipal (Antiga biblioteca), o martes 30 de abril a partires das 20:00h. Organiza AAVV O Vencello.
A Alcaldesa, Efigenia Maseda, emitiu un bando para poñelo en coñecemento da veciñanza. Esta unidade estará situada entre o pavillón e a piscina. Todas as persoas interesadas na inspección poden pedir cita na páxina web www.sycitv.com ou no teléfono 982 309 000. “Conservar este servizo é moi positivo xa que nos permite aforrar en desprazamento para pasar a inspección ás nosas motos e ciclomotores, do que tamén pode servirse a veciñanza doutros concellos” apuntou Efigenia Maseda.
A formación realizouse en instalacións deportivas do Concello de Ribadeo ao que lle dan as grazas pola súa colaboración e apoio. O alcalde, Dani Vega, achegouse a saudar aos asistentes a estes cursos.
O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, participou este mércores pola tarde en Muimenta na presentación da XXXIII Festa da Filloa xunto ao xerente da Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais, Gandeiros e Autónomos de Muimenta, José Manuel Rus Rodríguez. Unha cita, á que a institución destina 3.000€, que volverá exaltar este produto típico o vindeiro mércores, 1 de maio, no recinto feiral Manuel Vila.
Conmemoraron o Día do Libro elaborando marcapáxinas personalizados e a rexedora agasallou ás crianzas con diferentes exemplares "animándoos a practicar a lectura a diario, xa que é algo fundamental para o desenvolvemento persoal desde as idades máis novas"
A sesión, impartida pola Traballadora Social e Coach, María José Novoa, e a Psicóloga, Sonia Pigueiras, enfocada á Saúde Mental, resultou moi interesante e motivadora. O martes 21 de maio teremos unha nova cita, ás 18:30 horas, de novo no local da asociación Terramar.
O equipo alevín mixto do colexio Martínez Otero, de Foz, acadou o primeiro posto. Os resultados das diferentes rondas foron: 4-0, 2-2 e 4-0.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital