Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela repartirá bolsas para mellorar a reciclaxe e favorecer unha correcta xestión dos residuos

BURELA (FNC) .- As Delegacións de Medio Ambiente e Obras do Concello de Burela desenvolverán durante o nadal unha campaña de concienciación para favorecer unha correcta xestión dos residuos nos fogares.
Segundo explica a edil socialista, Lucía Bouza, “esta campaña consistirá no reparto de tres bolsas reutilizables e que se acoplan entre si, para seleccionar os residuos nos nosos fogares e separar así correctamente o vidro, o papel-cartón e os envases. Este reparto completarase coa elaboración de enquisas sobre os nosos hábitos á hora de xestionar o lixo e tamén coa entrega de información sobre os puntos que hai no noso concello para recoller certos residuos como son os móbiles, cds e  dvds, pilas, mobles, etc…”. A concelleira de Medio Ambiente engade que “a infomación que se dará nesta campaña tamén será relativa ao funcionamento do punto limpo”.
Para poder recoller estas bolsas, os cidadáns deberán ensinar o derradeiro recibo do lixo. O Concello instalará mesas informativas para facer o seu reparto en todos os supermercados da vila, entre as 11 da mañá e as 13 horas do mediodía. Lucía Bouza suliña que “o 23 estaremos no supermercado Froiz, o 28 de decembro no Gadis, o 29 no Día de Arcadio Pardiñas, o 30 no supermercado Claudio, o 4 de xaneiro no Eroski e o 5 no Cemar”.

Exit mobile version