RIBADEO (FNC) .- O Concello colocou na Praza de España e nas rúas Ramón González e San Roque tres paneis informativos con depósitos para a reciclaxe de pilas, bombillas e cds. Horacio Cupeir... Ler máis
CERVO .- A concellería de Medio Ambiente do Concello de Cervo, que dirixe Pilar Armada, organiza para o vindeiro día 3 de xuño unha viaxe en colaboración con SOGAMA para para visitar as inst... Ler máis
CERVO .- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a concelleira de Medio Ambiente, Pilar Armada, reuníronse esta mañá nas dependencias municipais cos responsables da empresa Ingesyma, encarga... Ler máis
BURELA (FNC) .- As Delegacións de Medio Ambiente e Obras do Concello de Burela desenvolverán durante o nadal unha campaña de concienciación para favorecer unha correcta xestión dos residuos... Ler máis
CERVO .- Sensibilizar sobre a importancia da reciclaxe como instrumento útil e efectivo na tarefa de protexer o medio ambiente e preservar a riqueza natural do contorno é o que pretende a as... Ler máis
RIBADEO .- O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, insiste na necesidade de esforzarse na recollida selectiva en Ribadeo. Cupeiro conta que “hai uns días recibimos o informe... Ler máis
CERVO .- O Grupo Municipal do BNG retirará unha moción presentada fai dous meses na que se instaba ao goberno municipal “facer tódalas xestións necesarias para a posta en marcha no con... Ler máis



















No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.



