CERVO .- Sensibilizar sobre a importancia da reciclaxe como instrumento útil e efectivo na tarefa de protexer o medio ambiente e preservar a riqueza natural do contorno é o que pretende a asociación cultural A Sombriza coa posta en marcha dunha campaña a través da que os membros deste colectivo xuvenil repartirán esta mañá máis de 180 portabolígrafos con forma de colector de recollida de residuos entre o alumnado do instituto Marqués de Sargadelos de San Ciprián.
DÍA DA ÁRBORE
En coincidencia cos actos en conmemoración da día da árbore, a asociación cultural A Sombriza empraza ás mozas e mozos a adquirir un compromiso de respecto cara o noso planeta. Para avanzar no desenvolvemento sostible non só é necesario que as grandes multinacionais, as administracións ou os gobernos desenvolvan políticas de protección medioambiental, tamén cada un de nós, desde o compromiso individual e cunha sinxela acción como é a reciclaxe de residuos, plásticos, papeis ou vidro podemos contribuír a este obxectivo.
Os membros do colectivo cultural A Sombriza insisten en que mudando algúns vicios adquiridos pouco respectuosos co medio natural e adquirindo unhas sinxelas pautas de comportamento podemos lograr unha gran repercusión no ámbito da preservación do medio natural, de xeito especial se co tempo son asumidas por un número crecente de persoas. Nesta tarefa é importante a concienciación da xuventude. “As novas xeracións estámos chamadas a herdar o noso planeta e aproveitar dun xeito sostible os seus recursos”.
SENSIBILIZAR CUN INSTRUMENTO ÚTIL PARA OS ESTUDANTES
“A nosa intención é que, a través dun obxecto de gran utilidade para os estudantes como pode ser un portabolígrafos, cada un deles lembren estas ideas, se conciencien da importancia do reciclaxe e asuman o compromiso de mudar os hábitos diarios de consumo. Debemos camiñar ata o día no que a calidade de vida de todos os seres vivos do planeta sexa compatible coa súa preservación para as xeracións futuras. O mellor aliado nesta loita son, claro está, os máis novos.”
A RECICLAXE EN CERVO
Reciclar o lixo consiste en volver ao ciclo produtivo os materiais presentes nos residuos para que, despois dun tratamento, poidan incorporarse ao mesmo proceso. É preciso colaborar coa recollida selectiva da súa localidade depositando cada tipo de residuo no seu contedor. Unha correcta separación facilita enormemente o proceso de reciclaxe.
A cor amarela dos colectores indícanos que ten como función a recollida de envases tipo cartón (tetra-brik) e pequenos plásticos.
No contedor azul, debemos depositar o papel e o cartón, a ser posible libre de grampas e cintas adhesivas, pois estas dificultan moito a súa posterior reciclaxe. O papel e o cartón recíclanse facilmente. En España recíclanse cada ano máis de dous millóns e medio de toneladas de papel, aínda que unha cantidade moi similar é enviada a vertedoiros ou incineradoras, polo que é necesario aumentar o nivel de recollida deste produto. De feito, por cada tonelada de papel que se recicla se evita o corte de 14 árbores, o consumo de 50.000 litros de auga e máis de 300 quilogramos de petróleo.
No contedor verde deben depositarse os envases de vidro. Por cada botella de vidro que se recicla, aforramos a enerxía necesaria para manter un televisor aceso durante 3 horas. Reciclando as 3.000
botellas que entran aproximadamente nun iglú da recollida selectiva afórranse arredor de 130 quilogramos de petróleo e 1.200 quilogramos de materias prima
O aceite de cociña usado nunca debe ser vertido polo vertedoiro pois, ademais de contaminar os acuíferos, dificulta enormemente a depuración das augas residuais. Unha boa práctica é utilizalo para fabricar xabón artesanal na propia casa, co que se obterá un produto moito menos nocivo para o medio que os comerciais e apto para lavar a roupa ou a louza. Outra é aproveitar os colectores instalados en varios puntos do termo municipal.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



