Foz, 10 de setembro de 2026. A Aula Universitaria da UNED de Foz dará comezo ao curso académico 2026/27 cunha actividade “especialmente ligada ao patrimonio natural da comarca: o roteiro interpretativo A berrea, que permitirá achegarse á observación do celo do cervo vermello ou cervo europeo no seu hábitat natural”.
A actividade terá lugar o mércores 23 de setembro, de 18:00 a 20:30 horas, na Fraga Vella, e o punto de saída será o campo de fútbol de Alfoz. O percorrido será duns 3 quilómetros e terá unha dificultade baixa. O roteiro estará guiado por Pedro Rolle, bombeiro forestal e experto no coñecemento e na biodiversidade da contorna, que acompañará os participantes nesta experiencia de observación e interpretación da natureza.
“Queremos iniciar o curso cunha actividade que nos permita poñer en valor o extraordinario patrimonio natural que temos ao noso redor e, ao mesmo tempo, ofrecer unha experiencia diferente e aberta á participación da cidadanía”, sinala a coordinadora da Aula Universitaria da UNED de Foz, Marta Muiña.
Esta actividade servirá como punto de partida para un curso que “volverá contar cunha ampla programación de extensión universitaria, con propostas formativas e divulgativas para diferentes públicos. Entre elas figuran, como ven sendo habitual, cursos preparatorios para a certificación de niveis de galego e inglés, así como actividades dirixidas a nenos e nenas e outras relacionadas co deporte, a saúde e o benestar, entre diferentes propostas que se irán incorporando ao longo do curso”.
“A UNED de Foz é xa un importante espazo de formación e divulgación para toda a comarca, e desde o Concello queremos seguir apoiando unha programación que achega a universidade á cidadanía e ofrece oportunidades de aprendizaxe para persoas de todas as idades”, destaca a concelleira de Educación, Elena Martínez Pena.
Por outra banda, recordan que está aberto o prazo de matrícula na UNED ata o 21 de outubro, “cunha ampla oferta de graos e dobres graos que se poden cursar a distancia. A Universidade incorporou tamén novidades na súa oferta académica para este curso, entre as que destacan novos graos e dobres titulacións como o Dobre Grao en Psicoloxía e Criminoloxía ou o Dobre Grao en Economía e Matemáticas”.
Desde a Aula Universitaria anímase ás persoas interesadas en iniciar ou continuar estudos universitarios a consultar a oferta actualizada da UNED e as novidades do curso 2026/27, así como a programación de extensión universitaria.
Para máis información e consultas pódese contactar coa Aula Universitaria da UNED de Foz a través dos seus canais habituais ou consultar a súa programación na web da UNED.




















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



