Plans con Corazón está organizado pola Mancomunidade de Concellos de A Mariña Lucense e desenvolverase do 16 de setembro ao 14 de novembro de 2026 a través de 16 rutas e visitas guiadas. As contornas naturais, a historia, a etnografía, a gastronomía e a artesanía locais, serán os eixos temáticos vertebradores
Lugo, 10 de setembro de 2026. A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, participou hoxe no Muíño do Pereiro, en Lourenzá, na presentación oficial da sétima edición do programa Plans con Corazón, unha iniciativa turística organizada pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense que busca dar a coñecer entre a poboación, tanto autóctona como visitante, a riqueza dos 16 concellos que compoñen este xeodestino.
Plans con Corazón desenvólvese ao abeiro do convenio anual que a Deputación mantén coa Mancomunidade, cun importe de 25.000 €, e conta tamén coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia.
Un programa consolidado que medra en innovación, participación e sostibilidade
A edición 2026 desenvolverase entre o 26 de setembro e o 14 de novembro, con 16 rutas e visitas guiadas conducidas por guías locais experimentados e expertos en patrimonio, xeoloxía e ornitoloxía. O obxectivo é ofrecer actividades singulares que poñan en valor o territorio, fomenten o coñecemento da Mariña entre a súa veciñanza e contribúan á desestacionalización do turismo.
Durante o acto de presentación participaron, ademais de Carmela López, a Presidenta da Mancomunidade e Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; a directora de promoción da Axencia de Turismo de Galicia, Carmen Pita; a xerente de Volta Montana, Cristina Collazo; a guía oficial de Galicia Ana Pena; o presidente da Cooperativa Terras da Mariña, Pepe Cuadrado; e Anxo García, impulsor do proxecto Mar Aberto, que se incorpora por primeira vez ao programa.
Rocío López destacou que Plans con Corazón permite descubrir A Mariña “a través de propostas diferenciadoras, diversas e sostibles”, cunha perspectiva “máis próxima, máis auténtica e máis conectada coas persoas que viven e traballan aquí”. Subliñou tamén o papel dos anfitrións locais, que comparten cos participantes os seus oficios, experiencias e proxectos, reforzando un modelo de turismo baseado na identidade e na conservación dos recursos.
Novidades 2026: produtores MISEA e o proxecto Mar Aberto
A edición deste ano incorpora dúas novidades destacadas:
Produtores MISEA
Participarán produtores que formaron parte do Modelo de Innovación Sostible de Experiencias Agroturísticas (MISEA), impulsado por SEGITTUR:
Terras da Mariña
Mel O Poder das Flores
Shiifos Micoloxía
Grupo Naterra
Comunidade de Montes de Frexulfe (Valadouro)
Mar Aberto
Un proxecto de tres alumnos da UDC que ofrece un roteiro accesible e inclusivo arredor do patrimonio mariñeiro da Mariña Lucense.
Carmela López: “ofertamos algo moi puro, propio do territorio e sen modificalo”
Na súa intervención, a Presidenta da Deputación destacou que Plans con Corazón é “unha oportunidade excelente para coñecer A Mariña da man de programas coma este e da forza dos 16 concellos unidos baixo unha mesma marca”.
Engadiu que o éxito do destino reside en que “estamos ofertando algo moi humilde e puro, propio do territorio e sen modificalo”, e puxo en valor a evolución do turismo na Mariña, que pasou “dun modelo moi concentrado no verán a outro que funciona como un sistema económico máis amplo durante todo o ano”.
Éxito das edicións anteriores
Plans con Corazón está plenamente consolidado. Na edición 2025 participaron máis de 250 persoas, procedentes da Mariña, da provincia de Lugo, doutras provincias galegas e doutras comunidades como Asturias, León, Madrid, Valencia ou Zaragoza.
O programa esgotou prazas e acadou unha valoración de 9,4 sobre 10.
As 16 rutas de Plans con Corazón 2026
O programa inclúe propostas moi diversas que permiten descubrir pozos, pazos, aves, bosques, tradicións, gastronomía, xeoloxía e patrimonio cultural:
Ribadeo – Pozo do Lexoso, plantación ecolóxica Shiifos e Santuario de Arante
Alfoz – Pazo de Carrocide e cata de mel
Barreiros – Observación de aves desde a Lagoa dos Patos
Burela – Pinturas medievais e murais contemporáneos
Lourenzá – Faba de Lourenzá e Cooperativa Terras da Mariña
O Vicedo – Ruta xeolóxica pola praia de San Román–Arealonga
Cervo – Oficios tradicionais da madeira e carpintaría de ribeira
…e outras nove rutas que percorren os concellos mariñáns entre setembro e novembro.
A programación completa pode consultarse na web oficial.
Inscricións
As prazas son limitadas.
Prezos por actividade:
5 € – inscrición individual
9 € – parellas
15 € – grupos
Inclúe visita guiada e seguros de RC e accidentes.
👉 Programación completa:
https://www.reservaonline.support/a-marina-planes-con-corazon/index.html
👉 Inscricións:
https://amarinalucense.gal/gl/a-marina-plans-con-corazon





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.


