Lourenzá, 24 de xullo de 2026. O Concello de Lourenzá anuncia que o día 31 de xullo, venres, desde as 19:30 horas no Cantón, de Vilanova de Lourenzá, celebrarase o evento Vilou Beer, organiz... Ler máis
Lourenzá, 23 de xullo de 2026. O Concello de Lourenzá destaca que programa Verán na Praza viviu onte, mércores, unha xornada moi participativa na Praza do Conde Santo, “cunha excelente acoll... Ler máis
Lourenzá, 17 de xullo de 2026. O programa Verán na Praza, impulsado polo Concello de Lourenzá, continúa o vindeiro mércores, 22 de xullo, con dúas actividades “pensadas para desfrutar do ver... Ler máis
Lourenzá, 16 de xullo de 2026. O Concello de Lourenzá celebrou onte, mércores, a segunda actividade da programación Verán na Praza, unha clase interactiva de baile tradicional galego que reu... Ler máis
Lourenzá, 4 de xullo de 2026. O Concello de Lourenzá pon en marcha este verán unha nova iniciativa “para dinamizar a Praza do Concello e convertela nun punto de encontro para veciñanza e vis... Ler máis
Lourenzá, 26 de xuño de 2026. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou hoxe, venres, licitar por case 260.000 euros as obras de renovación do firme da estrada LU-P-2804, que é a vía... Ler máis
Lourenzá, 5 de xuño de 2026. O Concello de Lourenzá vai realizar obras de renovación do chan da Ponte da Pedra, na entrada do casco urbano de Vilanova. As actuacións previstas comprenden a s... Ler máis
A Mariña, 4 de xuño de 2025. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense está presente na feira de turismo TUREXPO Salón Turístico de Galicia 2026, que se celebra desde hoxe e ata o vinde... Ler máis
Lourenzá, 4 de xuño de 2026. Un responsable do Servizo Técnico de Vías e Obras da Deputación de Lugo estivo en Lourenzá onte, mércores, para ver unha serie de necesidades que afectan ás vías... Ler máis
Lourenzá, 3 de xuño de 2026. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, fixo público un bando no que anuncia que “diante da celebración das tradicionais fogueiras de San Xoan e San Pedro c... Ler máis
A Mariña, 1 de xuño de 2026. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense inicia o proceso de ampliación e seguimento do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos (SICTED... Ler máis
Lourenzá, 26 de abril de 2026. Organizado polo Concello de Lourenzá e distintas asociacións do municipio, coa colaboración da Deputación Provincial, o día 1 de maio, venres, celebrarase o tr... Ler máis
Foz, 23 de abril, 2026. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense participou este xoves na presentación oficial da Asociación Profesional de Obradoiros Artesáns da Mariña, unha entidade... Ler máis
Lourenzá, 22 de abril de 2026. Esta próxima fin de semana, sábado 25 e domingo 26, disputarase o segundo Gran Premio Faba de Ouro de tiro olímpico, evento organizado polo Real Aeroclub de Ti... Ler máis
Lourenzá, 23 de marzo de 2026. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, aclara que o Concello dispón dun secretario asignado pola Deputación Provincial de Lugo: “hai uns días o Partido P... Ler máis
Lourenzá, 10 de marzo de 2026. Onte, luns, celebrouse Escola de San Adriano o taller titulado Ao son das mulleres, unha actividade participativa impartida pola musicoterapeuta María Fuente,... Ler máis
Ribadeo, 8 de marzo de 2026. Faro Norte Comunicación agradece a participación e a asistencia ao parladoiro feminino Experiencias de vida, celebrado onte no Salón dos Alcaldes do Concello de... Ler máis
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profes... Ler máis
Ribadeo, 5 de marzo de 2026. Faro Norte Comunicación celebrará o seu dezaoito aniversario este sábado, 7 de marzo, cun parladoiro feminino denominado Experiencias de vida, que terá lugar ás... Ler máis
A Mariña, 4 marzo de 2026. A Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense continúa avanzando na implantación do Modelo de Innovación Sostible de Experiencias Agroturísticas (MISEA), unha in... Ler máis
Lourenzá, 2 de marzo de 2026. O Concello de Lourenzá organiza varias actividades con motivo do 8M, Día Internacional da Muller. Serán os días 3, 8, 9, 13 e 16 de marzo, anuncia a alcaldesa,... Ler máis
Lourenzá, 25 de febreiro de 2026. Lourenzá acollerá tres cursos de dixitalización no vindeiro mes de marzo A alcaldesa, Rocío López, anuncia que “estes tres cursos terán lugar en Lourenzá de... Ler máis
Lourenzá, 13 de febreiro de 2026. Lourenzá celebrará o seu desfile de Entroido o Domingo de Piñata, día 22 de febreiro. Repartirá máis de 5.000 euros en premios e estará amenizado por Puzzle... Ler máis
A Mariña, 11 de febreiro de 2026. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentou esta mañá a proposta que levou a Fitur 2026 A Mariña, unha viaxe á identidade. Fíxoo ante autoridad... Ler máis






















Arxentina de nacemento e viveirense de corazón, retomou en Galicia a súa vocación artística e atopou na escultura a súa forma de expresión. A súa obra céntrase en figuras humanas cargadas de emoción, en soidade ou en relación cos outros. A exposición reúne pezas seleccionadas e premiadas en certames de Madrid, Barcelona, Valdepeñas e Florencia nos últimos oito anos, que agora regresan —como a súa autora— á casa. Poderá visitarse ata o 29 de agosto.
Villares gabou o traballo do club Val de Francos, “que en tempo récord logrou situar esta cita entre as máis atractivas da provincia para os afeccionados á hípica”. Neste sentido, destacou a proxección que está a gañar este deporte e o impulso que recibe da Xunta, principalmente a través dun convenio coa Federación Hípica Galega polo que destina máis de 80.000 euros para as actividades a desenvolver este ano. A proba discorrerá por camiños forestais de terra, a excepción dos cruces de estradas, e constará de tres modalidades, con distancias de 80, 60 e 40 quilómetros respectivamente.
A clasificación final quedou do seguinte xeito: en Sub-10, Los 5 FC proclamáronse campións, seguidos de Los Balones; en Sub-12, o primeiro posto foi para Aston Birra, seguido de Minavo de Kiev e The Blues Bananas; en Sub-15, o equipo Piti levou o título, seguido de PDC e Camoca; en Sub-17, PDC acadou o primeiro posto, por diante de Papa Cu Leti e Motototo; e na categoría Sénior, Motototo resultou gañador, seguido de Descansa e Texeira Lima. As medallas foron entregadas pola alcaldesa, Dolores García Caramés, acompañada polos concelleiros José Manuel Balseiro e Alfredo Fernández, que felicitaron a todos os participantes polo seu esforzo e deportividade.
As reservas poderán realizarse por teléfono, chamando ao 982 560 162, ou a través do correo electrónico cultura@viveiro.gal, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Cada persoa poderá solicitar un máximo de catro entradas. Desde o Concello de Viveiro anímase á veciñanza a asistir a esta representación e lembra que as reservas se atenderán a partir da apertura do prazo.
A clasificación final situou a Braulio Gayoso (TM Luarca) como gañador, seguido de Eugenio Alonso (CD San Ciprián), e dun terceiro posto compartido por Carlos Ron (Atletic Génova TM) e Domingo Larriety (TM Luarca). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e destacou o éxito dun torneo que xa se consolidou como unha cita imprescindible do calendario deportivo estival. O Concello felicita aos gañadores, a todos os participantes polo alto nivel amosado durante a xornada e ao CD San Ciprián pola excelente organización dun evento que continúa reforzando o seu papel como referente do tenis de mesa no norte peninsular.
Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.



