Burela, 28 de xullo, 2026. Noa Domínguez Cerezo (Málaga, 07/03/2008) defenderá a portería das Guerreiras na próxima tempada. Con 18 anos, a meta chega procedente do Playas de Málaga FS. “Síntome preparada para dar o salto a esta categoría e máis nun equipo histórico como é o Burela. Gústame o reto de intentar devolvelo onde nunca debeu irse”, afirmou a xogadora andaluza, que se estreou en Primeira División co Atlético Torcal aos 16 anos.
Os seus primeiros pasos no fútbol sala déronse en 2017, cando decidiu alternar esta disciplina coa súa faceta de xogadora no Málaga Club de Fútbol. Alí conseguiu tres campionatos de liga e un ascenso a liga autonómica, compatibilizando o papel de futbolista co de porteira de fútbol sala.
En 2024 apostou definitivamente polo fútbol sala a través do Playas de Málaga, co que gañou a liga cadete, xuvenil e a de División de Honra, ademais do Campionato de Andalucía Xuvenil. Tamén se proclamou campioa de España e logrou o ascenso a Segunda División, categoría na que defendeu a portería do Playas a pasada tempada.
Esta será a súa primeira experiencia lonxe da súa terra. “Estou a levalo con tranquilidade pero con moitas ganas. Desexo coñecer a contorna, as compañeiras, o corpo técnico… Non vai ser doado separarme das persoas máis importantes da miña vida, pero penso que para evolucionar e seguir medrando é unha experiencia pola que temos que pasar a maioría das xogadoras”, explicou.
A nova porteira laranxa valora positivamente o proxecto do club: “Hai moitas renovacións e estades a apostar por xogadoras locais. Son partidaria de premiar e coidar a xente da casa. Estou segura de que imos dalo todo para proporcionarlle ao Burela o sitio que merece”.
Noa é a terceira novidade do Reyco Burela FS 2026-27, xunto á ala-peche valisoletana Pau e á ala-pivote malagueña Elena, que se incorporan ao equipo xunto ás renovacións de Sandra, Silvia, Marina e Macarena.





















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



