Barreiros, 27 de abril, 2026. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentou en Barreiros o Receitario básico da cociña tradicional da Mariña, unha publicación que recolle elaboracións culinarias vinculadas ao territorio e que busca recuperar, documentar e difundir o patrimonio gastronómico mariñán.
O acto contou coa participación da alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida; a presidenta da Mancomunidade, Rocío López; a presidenta da Deputación de Lugo e alcaldesa de Burela, Carmela López; a xefa da Área Provincial de Turismo da Xunta en Lugo, Paloma Vázquez, representantes de Turismo Slow Norte de Galicia e do Colectivo de Gastronomía da Mariña, así como outras autoridades.
A publicación, promovida pola Mancomunidade no marco do proxecto Turismo Slow Norte de Galicia e elaborada en colaboración co Colectivo de Gastronomía da Mariña, reúne receitas tradicionais e pratos de cociñeiros e cociñeiras de referencia do xeodestino.
Entre eles destacan:
-Mar Orosa (Restaurante El Oviedo): bonito en escabeche, freixós con grelos, caldeirada de raia, patacas con longueirolos.
-Alejandro Balseiro (Restaurante Nito): salpicón de lumbrigante, rolo de bonito, guiso de luras na súa tinta.
-Javier Montero (Restaurante Javier Montero): cazola de pescada, fabas con ameixas.
-Felisa Varela (Hotel Restaurante Rías Altas): enfariñada con torreznos, rosquillas de entroido.
-Isaac Varela (Taberna Galiana): empanada de verza e coello estilo Mondoñedo, bola de roxóns, bica de Mondoñedo.
-Cristina Rodríguez (Marmeladas A Morena): compota de peras.
Ademais, inclúese a tradicional torta de Mondoñedo
O obxectivo é poñer en valor as materias primas locais, reforzar a identidade gastronómica da Mariña e impulsar un modelo turístico sostible baseado na autenticidade e na cultura propia.
O receitario inclúe elaboracións como bonito en escabeche, salpicón de lumbrigan
te, caldeirada de raia, fabas con ameixas, empanada de verza e coello estilo Mondoñedo, bica de Mondoñedo ou rosquillas de entroido, entre outras.
Editáronse 400 exemplares, que se distribuirán entre os aloxamentos de Turismo Slow, membros do Colectivo de Gastronomía, establecementos distinguidos co SICTED, o IES de Foz e os concellos da Mancomunidade, ademais de estar dispoñible en formato dixital na web amarinalucense.gal.
As representantes institucionais destacaron a importancia de preservar e transmitir o saber facer culinario da Mariña, así como a colaboración entre administracións e sector gastronómico para fortalecer un recurso cultural e turístico de primeiro nivel.









Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



